"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1955) e catedrático de Oftalmoloxía desde 1963. Fundou e dirixiu o Seminario de Ofatlmología e a revista Studium Ophtalmologicum. Presidiu a Sociedade Oftalmológica de Galicia (1960) e a Sociedad Española de Oftalmología (1991-1995). Publicou, entre outras obras, Retinopatías vasculares (1971), Atlas de retinopatías vasculares (1972), Conjuntivitis (1992). Recibiu o Premio da Sociedad Española de Oftalmología ao mellor traballo científico (1960), a medalla de ouro do Instituto Barraquer, a Medalla Castelao (1996), a medalla de ouro ao mérito sanitario concedida pola Xunta de Galicia (1999), o título de doutor honoris causa pola Universidade de Coimbra (2000) e o Premio Daza Valdés INCI-Universidad Autónoma de Madrid (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Manel Sánchez, xogou dez temporadas en primeira división e Liga ACB, no Manresa, CAI Zaragoza e Breogán de Lugo. Foi dúas veces internacional coa selección española absoluta. Foi adestrador do Yaya María Breogán de Lugo (2001-2005), da Liga Feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Desde 1979 foi catedrático de Valenciano na Universitat de València e colaborou no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica e no Dicionari catalá-valencià-balear. Das súas obras destaca La llengua dels valencians (1931), Gramàtica valenciana (1950) e Aproximació a la història de la llengua catalá (vol 1, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España en diversas ocasións e gañou os torneos Conde de Godó (1962 e 1970), Roland Garros (1961 e 1964), Forrest Hills (1965) e Wimbledon (1966). Durante 14 anos formou parte do equipo español da Copa Davis, co que chegou á final en dúas ocasións (1965 e 1967), e que capitaneou entre 1980 e 1985 e en 1995. En 1965 foi proclamado mellor tenista amateur do mundo. Retirouse en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Director do Centro de Estudios Turísticos (CETUR) desde 2005, destacou como investigador en diferentes aspectos da xeografía social, da crise das comunidades pesqueiras, do turismo e dos impactos xerados nas comunidades rurais e pesqueiras. Publicou Municipios y parroquias de Galicia (1989), Bibliografía de xeografía de Galicia (1990) con Pazo Labrador, O Declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e Territorio (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e erudito. Foi secretario de interior da Dirección General de Establecimientos Científicos e, retirado da vida militar, traballou na Compañía Arrendataria de Tabacos. Dirixiu a Biblioteca Nacional e foi académico de número da Real Academia Española e correspondente da Real Academia de la Historia. Colaborou no Dicionario da RAE e dirixiu a revista La Unión Ibero-Americana. Das súas obras destacan, El corregidor Pontejos y el Madrid de su tiempo (1909), Lo siento mucho: consideraciones y documentos relativos al famosos ingenio del hidalgo Blasco de Garay (1913), Alonso de Santa Cruz inventor de las cartas esféricas de navegación (1914) e Las trombas marinas (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo, especializouse en xornalismo deportivo e desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Asturias, nos xornais Región, La Voz de Asturias ou La Nueva España. Colaborador de publicacións como El Noticiero Universal, La Voz de Galicia, La Voz de Madrid e Marca, e do espazo radiofónico Cabalgata Fin de Semana, foi redactor xefe de Informaciones (1965) e un dos fundadores e redactor xefe de AS (1967), do que foi subdirector (1975) ata a súa xubilación (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Especializado na tradución ao portugués de obras significativas de diferentes literaturas, escribiu en portugués (1959-1982), catalán e esperanto. Publicou Els exèrcits de Paluzie (1982), Coneixes Blaise Cendrars? (1984), Paisatge amb figures (1986), a compilación de contos Fer senyors a la Plaça Roja (1986). É autor tamén do Dicionario portugués-catalán (1985) e o Dicionario catalán-portugués (1989) e de varias antoloxías literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de instituto, ingresou como académico numerario da Real Academia Española en 1980. Director (1981-1993) do Seminario de Lexicografía asumiu a dirección do Dicionario histórico de la lengua española en substitución de R. Lapesa. Das súas obras destacan Metodología de lengua y literatura españolas en el bachillerato (1961), Dicionario de dudas y dificultades de la lengua española (1961), Arniches y el habla de Madrid (1970, Premio Rivadeneira da Real Academia Española), Gramática esencial del español (1972), Dicionario breve de dudas de la lengua española (1979), Las palabras en el tiempo: los dicionarios históricos (1980), Estudios de lexicografía española (1987) e Dicionario del español actual (1999). Recibiu o Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid (1999) e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e poeta surrealista portugués. Relacionado co grupo Os Surrealistas, participou nas exposicións que este movemento realizou en 1949 e 1950. Caracterízase pola influencia da poética de Bretón ou Dalí (obxectos dotados de cualidades animadas) ademais do primitivismo africano (a imaxinaría africana da morte).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1997), centrouse na investigación da fotografía histórica. Fixo a súa primeira exposición en 1983 e dirixiu, xunto con Xosé Luís Suárez Canal, a programación da Sala dos Peiraos (1985-1991) e a da Fotobienal de Vigo desde 1984. Dirixiu tamén as coleccións de libros Álbum, de fotografía histórica galega, e Do Trinque, de fotografía contemporánea, ambas do Centro de Estudios Fotográficos. Publicou Ourense de Auga e Pedra (1990), Paisaxes (1991), Tempos que hai neste tempo (1995) e Cuspindo a barlovento (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. En 1962 ingresou en Els Setze Jutges e debutou en 1965. Cando en 1968 foi seleccionado para cantar no Festival de Eurovisión, provocou un escándalo por querer cantar en catalán. Editou discos con poemas de Machado, M. Hernández, J. Salvat-Papasseit e M. Benedetti. Da súa discografía destacan Tal com raja (1980), En tránsito (1981), Cada loco con su tema (1985), Material sensible (1989), Utopía (1992), Nadie es pefecto (1994), D’un temp, d’un país (1996), Sombras de la China (1998), Cansiones (2000), Versos en la boca (2002) e Serrat sinfónico (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. É licenciado en Filosofía e Letras polas universidades de Santiago de Compostela, Granada e Columbia. Guionista e actor, participou nas películas Hot Channels (1971) e P.O.W (1973), durante a súa estancia en Nova York (1966-1974). De volta a Lugo, traballou en Radio Popular (De Cero al Infinito, Sin Espacio ni Tiempo), e Radio Lugo (Viento del Norte, 1979-1980, Premio Ondas 1980). A partir de 1999 pasou a Telelugo, onde presentou Soy de Aldea (2000), Programa Siglo XXI (2002-2003) e Cantos de Sirena (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado, foi membro do Club dos Xacobinos, pero en 1791 evolucionou cara a posicións máis moderadas. En 1799 formou parte do consello executivo do Directorio, buscou a creación dun goberno forte e foi un dos autores do golpe de estado do 18 de brumario. Foi un dos tres cónsules provisionais e colaborou na redacción da Constitución do ano VIII, pero non tardou en ser afastado dos postos de decisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tenor. Cantante de zarzuela e ópera, actuou en numerosas cidades, tanto europeas coma americanas. En 1999 realizou diversas actuacións con motivo da celebración do Xacobeo 99, en que interpretou o seu himno, O Cantar do Pelegrino. En 2002 RTVE-Música editou o seu disco Mis arias favoritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e rendista. A súa familia dominaba as terras de Sarria. Foi deputado pola provincia de Lugo (1843) e polo distrito de Sarria (1846-1854, 1857-1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Formado co impresor Pujol en Lugo, estableceu os seus obradoiros tipográficos na cidade lucense en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1859), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El boletín del Clero (1861) ou El Gallego (1867). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de M. Murguía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e historiador portugués. Tras catro anos en Roma, trasladouse en 1631 a Madrid. Destacan Epitome de historias de Portugal (1628), El gran iustitia de Aragón don Martín Batista de Lanuza (1650) e Asia Portuguesa (1666).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e escritor. Coñecido como Xurxo Souto, foi vocalista do grupo Os diplomáticos de Monte Alto. Desde 1987 traballou en diferentes medios de comunicación, como o xornal La Opinión de A Coruña. Dirixiu o programa A tropa da tralla en Radio Coruña e publicou A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997), O retorno dos homes mariños (1999) e Contos da Coruña (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e historiador. Doutor en Xeografía coa tese Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980 (1990). As súas principais liñas de investigación son a didáctica da xeografía e a ordenación do territorio e o urbanismo en Galicia. Colaborou na redacción de plans de ordenación urbana de Vigo e Cangas. Autor de numerosas obras relacionadas coa didáctica da xeografía, publicou, entre outras obras, Xeografía humana (1988), Vigo: cen anos de historia urbana, (1880-1980) (1990), As Parroquias (1995), Vivendas e cidades (1997) e Planeamento estratéxico e mercadotécnica territorial (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO