Soto Freire, Manuel
Editor. Formado co impresor Pujol en Lugo, estableceu os seus obradoiros tipográficos na cidade lucense en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1859), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El boletín del Clero (1861) ou El Gallego (1867). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de M. Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco Arce, ademais de ser autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1982), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo -
Deceso
Lugar : Pantón