"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Análise das relacións entre as grandes magnitudes económicas agregadas como a renda e o consumo nacional, o investimento ou o aforro, e a súa evolución e taxas de variación. Preocúpase tamén do papel do estado na actividade económica global e en xeral da política económica duns momentos e lugares concretos. O tratamento macroeconómico apareceu como reacción da metodoloxía neoclásica a partir das investigacións de Keynes e Kalecki sobre o nivel global da actividade económica. Representou unha alternativa ao colapso da economía de mercado da década de 1930 e á crise que sufría a teoría de tendencia natural. Segundo os keynesianos, a macroeconomía definiu e estableceu as condicións necesarias para que o sistema económico permanecera en equilibrio, estático ou dinámico. A división entre macroeconomía e microeconomía limítase nos obxectos de estudio, que simplemente se complementan, e non permiten que a teoría económica chegue a unha análise global e articulada da realidade social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á macroeconomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anisópteros, da orde dos odonatos, de cores metálicas e patas alongadas e delgadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo que presenta un aparato esporífero visible a simple vista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento excesivo dunha parte do organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alongamento esaxerado da fenda bucal, que se asocia case sempre a malformacións das orellas e que se orixina por un fallo na fusión dos procesos maxilar e lateronasal do primeiro arco branquial.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático brasileiro. Considerado o iniciador do romanticismo en Brasil, cultivou a lírica (Suspiros poéticos e saudades 1836), o teatro (Olgiato, 1841) e a novela (Amância, 1844). Da súa obra destaca o libro de poemas épico A confederação dos Tamoios (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación iconográfica de Cristo en maxestade, inscrito nunha mandorla, sentado no trono e bendicindo a mesa.
-
GALICIA
Relixioso. Ingresou na orde franciscana en Santiago de Compostela e en 1707 trasladouse, despois de pasar por outros mosteiros, ao de San Francisco de Lugo. En 1697 presentouse ás Festas Minervais compostelás.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Establecemento dedicado a aloxar e, máis modernamente, a tratar de curar os enfermos mentais. O feito de que a finais do s XVIII a loucura fose considerada simplemente un perigo social, determinou que os enfermos mentais fosen tratados practicamente como malfeitores e criminais. Francia e Inglaterra foron os primeiros estados que estableceron unha lexislación de acordo coas esixencias derivadas dunha nova comprensión da loucura como enfermidade, a miúdo curable. En Galicia, en xullo de 1885, fúndase en Santiago de Compostela o primeiro manicomio, en Conxo, con catro séculos de diferenza respecto ao primeiro do Estado Español; era unha institución privada en mans da igrexa e outros socios capitalistas, ata que en 1969 pasou a mans da Deputación da Coruña.
-
Lugar onde reina a confusión, a desorde ou o balbordo.
-
-
CIDADES
Cidade do sheng de Guangdong, China, situada a 80 km ao NL de Zhanjiang (178.683 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Percorreu os ríos Paraná e Paraguay ata arribar no porto de Candelaria. En 1552 foi nomeado por Carlos I gobernador de Río de La Plata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica parcial ou total da glándula mamaria.
-
-
Relativo ou pertencente aos mastigomicotas.
-
Fungo da división dos mastigomicotas.
-
División de fungos filamentosos, a maioría acuáticos, que producen zoosporas cun só flaxelo ou con dous. É considerada por moitos autores unha subdivisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Excisión cirúrxica dunha parte ou de toda a apófise mastoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión que se practica nun meato, especialmente no meato urinario, coa finalidade de anchealo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral. Produce unha secreción especial que, ao secar, constitúe as lagañas. OBS: Tamén se denomina glándula palpebral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación habitual coa que se coñece o mercurocromo.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi deputado pola provincia de Ourense (1839) e polo distrito de Carballiño (1858-1862). Durante o Levantamento de 1846 formou parte da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia. Militou no liberalismo progresista ata que, en 1858, se afiliou á Unión Liberal. Foi senador pola provincia de Ourense (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Activo en Santiago de Compostela, en 1618 realizou para Gonzalo Valladares un retablo para a capela do seu pazo de Figueroa (Cambados) e en 1629 realizou outro para a igrexa de San Xoán de Ortoño en Ames.
VER O DETALLE DO TERMO