"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da frecuencia e amplitude respiratoria.
-
-
Organización propia dos cnidarios, representada por individuos fixos sobre a area ou sobre as rochas, xeralmente solitarios, aínda que tamén existen en colonias. Hai cnidarios en forma unicamente de pólipo, que son sexuais, ou ben con forma de pólipo e de medusa, nos que o pólipo representa a fase asexuada que por xemación orixina as medusas.
-
-
Tumor brando que se implanta por un pedículo (ás veces ancho e curto, ás veces longo e estreito) nunha mucosa ou na pel.
-
pólipo mucoso
Quiste de pequeno tamaño que se produce en calquera parte da mucosa. OBS: Tamén se denomina mucocele.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ás polipodiáceas.
-
Fento da familia das polipodiáceas.
-
Familia de fentos, da orde das filicais, integrada por especies frecuentemente rizomatosas, de frondes enteiras ou pinnadas, con esporanxios pediculados que se abren transversalmente pola acción dun anel lonxitudinal, que se agrupan en soros, con ou sen indusio. A maioría das especies son propias das rexións cálidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, rizomatosa, de follas de entre 10 e 40 cm de longo, pinnatipartidas, con soros orbiculares, dispostos en cada banda do nervio medial das pinnas. Crece en rochas, en muros e en troncos de árbores, en case toda Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é similar a un pólipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos pólipos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de mercado en que, contrariamente ao caso do monopolio, compiten un gran número de produtores e de compradores e unha gran diversidade de produtos.
-
-
Relativo ou pertencente ás poliporáceas.
-
Fungo da familia das poliporáceas.
-
Familia de fungos basidiomicetos, da orde das agaricais, formada por especies cos carpóforos carnosos, coriáceos ou leñosos, xeralmente en forma de ménsula, co himenio disposto en tubos e con esporas brancas. Adoitan ser lignícolas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está perforado por varios poros.
-
-
Presenza anormal de moitos pólipos.
-
Polipose caracterizada pola formación de múltiples pólipos no intestino.
-
-
-
Que ten pólipos.
-
Que é da natureza do pólipo.
-
Que ten forma de pólipo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
polipropileno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliolefina sintética do propeno. É de grande importancia industrial polas súas excelentes propiedades e baixo custo. Obtense, por polimerización con catalizadores do tipo Ziegler-Natta, do propeno, e emprégase principalmente na preparación de artigos moldeados, fibras e filamentos, e materiais extruídos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ácido cunha molécula que pode ceder varios protóns.
-
-
Relativo ou pertencente aos poliptéridos.
-
Familia de peixes da orde dos polipteriformes.
-
Familia de peixes, única da orde dos polipteriformes, constituída unicamente polos xéneros Polypterus e Chalamoichtys.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos polipteriformes.
-
Peixe da orde dos polipteriformes.
-
Orde de peixes da subclase dos actinopterixios, que comprende especies de auga doce coas aletas peitorais lobuladas e a caudal heterocerca. Só comprende a familia dos poliptéridos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Retablo de pintura, escultura ou ourivaría formado por máis de tres compartimentos ou paneis, articulados de maneira que se poden cerrar sobre o panel central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste no emprego dunha palabra baixo diversas formas gramaticais no mesmo período.
-
-
Relativo ou pertencente aos poliquetos.
-
Anélido da clase dos poliquetos.
-
Clase de animais mariños, do filo dos anélidos, co corpo de tamaño variable, desde 1 mm ata 1 m. Todas as especies son acuáticas, a maioría mariñas. Divídense en dous grupos: os errantes, que son carnívoros, e os sedentarios, que son micrófagos; uns viven libres e outros en tubos membranosos ou mucosos.
-
-
-
Desenvolvemento de numerosos quistes nun tecido.
-
Poliquistose da mama que se caracteriza pola formación de numerosos quistes de menos de 1 cm de diámetro que poden conter diversas substancias (soro, secrecións lácticas, sangue ou graxa).
-
Poliquistose hereditaria que se caracteriza pola formación de numerosos quistes nos riles, que comprimen as estruturas renais e que, a causa da diminución do parénquima funcional, pode orixinar unha insuficiencia renal.
-