poliquistose
poliquistose
(< poli- + quisto + -ose)
-
s
f
[PAT]
Desenvolvemento de numerosos quistes nun tecido.
-
poliquistose mamaria
[PAT]
Poliquistose da mama que se caracteriza pola formación de numerosos quistes de menos de 1 cm de diámetro que poden conter diversas substancias (soro, secrecións lácticas, sangue ou graxa).
-
poliquistose renal
[PAT]
Poliquistose hereditaria que se caracteriza pola formación de numerosos quistes nos riles, que comprimen as estruturas renais e que, a causa da diminución do parénquima funcional, pode orixinar unha insuficiencia renal.