"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Monumento megalítico prehistórico, que consiste nunha gran pedra de pé, chantada verticalmente na terra. O nome foi adoptado polos prehistoriadores do termo popular bretón menhir (men, ‘pedra’, hir ‘longa’). É característico das zonas atlánticas da cultura megalítica, pero existe tamén noutras zonas como Córsega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Antón que dá nome ao concello de Pedrafita do Cebreiro, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Lugo no L da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 43’ 30’’ de latitude N e 7° 01’ de lonxitude O. Limita ao N coas Nogais e Cervantes (ambos os dous na comarca dos Ancares), ao L coa provincia de León, ao S con Folgoso do Courel (comarca de Quiroga), e ao O con Samos e Triacastela (ambos os dous na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 101 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.368 h (2007), distribuída nas parroquias do Cebreiro, Fonfría, Hospital, Liñares, Lousada, Louzarela, Pacios, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro, Riocereixa, Veiga de Forcas e Zanfoga. A súa capital está no lugar de Pedrafita do Cebreiro, na parroquia do mesmo nome, a 177 km de Santiago de Compostela e a 71 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Becerreá.
    Xeografía física
    Está situado no corazón das serras orientais e o seu relevo accidentado marca a transición entre as serras dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e cartelista. Estudou na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Internacional de Arte Decorativa de París (1925), con que se introduciu na Art Déco, de que foi o máximo representante en España. Colaborou como debuxante e cartelista nas revistas La Esfera, Mundo Gráfico e Blanco y Negro, entre outras, e ilustrou Cuentos de Calleja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Catedrático de Latín e Castelán, integrouse rapidamente en actividades relacionadas coa cultura galega. Publicou traballos filolóxicos nos xornais El Liberal e La Voz de Galicia, e da súa produción destacan Gramática castellana razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Gramática latina razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Colección de trozos de literatura latina (1898) e Compendio de gramática castellana (1905); postumamente publicouse unha escolma dos seus artigos (Entretenimientos gramaticales, 1935). Foi membro numerario da Real Academia Galega (1905-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Promotor do Centro de la Generación del 27 en Málaga, a súa obra poética é persoal e vitalista, á marxe de escolas e correntes. Destacan Valle de los galanes (1968), Conspiraciones y conjuras (1986), Bestiario de Livermoore (1988) -nestas dúas últimas como finalista do Premio Nacional de Literatura- e El domador (1994). No apartado narrativo escribiu Cosmología esencial (2000), ademais da obra teatral Edipo aceptado (1971, Premio García Lorca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato destinado a medir as irregularidades do perfil lonxitudinal da superficie dunha calzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura dun esgazamento perineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Belas Artes, na especialidade de gravado, caracterizase polo seu costumismo onírico e infantil, inscrito nunha escenografía festiva que aglutinou seres humanos, artefactos voadores, animais domésticos ou especies vexetais. Inspirouse en estilos tan variados como o graffiti, o cómic, o deseño gráfico e a figuración libre da década de 1980. Destaca La fortaleza (1996), Bodegón e iglesia (1997) e La catedral de Santiago (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da xeoloxía que estuda as rochas desde un punto de vista puramente descritivo. Constitúe unha parte da litoloxía. Segundo os diferentes elementos que forman a rocha, a súa estrutura e a súa composición química, establécense distintos tipos de rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á petrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura feita mediante pictogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pictografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da pelve renal e da vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía dos riles, da pelve renal e dos uréteres, mediante un contraste radiopaco que se inxecta no sangue e que é eliminado polo ril, ou que se introduce no uréter de xeito retrógrado desde a vexiga.

    VER O DETALLE DO TERMO