pedrafita

pedrafita

(< pedra + fita)

s f [ARQUEOL]

Monumento megalítico prehistórico, que consiste nunha gran pedra de pé, chantada verticalmente na terra. O nome foi adoptado polos prehistoriadores do termo popular bretón menhir (men, ‘pedra’, hir ‘longa’). É característico das zonas atlánticas da cultura megalítica, pero existe tamén noutras zonas como Córsega.