"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da orde das cinxiberais, cunha inflorescencia protexida por unha bráctea de gran tamaño. Comprende 5 especies, da que destaca, polo seu valor ornamental, S. reginae (ave do paraíso), moi apreciada en floricultura e xardinaría.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa alemá. Estudou fotografía en Berlín (1930), onde traballou en estudios de diferentes retratistas e para Kodak. Abriu un estudo en Berlín (1938) e logo en Detmold (1945). Free lance desde 1950, nesta década fixo os seus retratos máis famosos de artistas, empresarios e políticos do país. Membro das sociedades fotográficas alemás, publicou Das manipulierte Menschenbildins (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte ventral e cóncava da umbrela.
-
PERSOEIRO
Novelista e político italiano, marqués de Azeglio. A obra máis destacada é a súa biografía I miei ricordi, iniciada en 1863 e escrita coa intención de educar politicamente ao pobo italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘peseta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘duro’ e ‘peso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 40 cm de altura, con follas lanceoladas, pedunculadas, flores agrupadas en capítulos de cor variable e froito en aquenio. Moi común en Galicia, florece entre marzo e decembro en campos cultivados e no bordo de camiños. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas. OBS: Tamén se denomina dente de león, leitarega, leitaruga, leituga, mexacán, paciporca.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Miraz (Xermade). O seu cumio acada os 661 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten pouca altura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de 1983. Coordinada por Antón Patiño, Alfonso Rey e Fernando Vidal, estivo editada pola Federación Galega de Micoloxía, que reuniu a 17 agrupacións. Incluíu artigos relacionados cos fungos, fentos e a micoloxía en xeral, así como glosario de terminoloxías.
-
GALICIA
Crítico literario. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor na mesma especialidade pola Universidad de Oviedo, é desde 1993 catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe o proxecto “Dicionarios de Literatura” no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, do que ademais é director técnico da sección de Literatura. Membro do consello de redacción da revista Discursos, da Universidade Aberta de Coimbra, pertence ao consello reitor da revista Ínsula. Fundador e director do Boletín Galego de Literatura, colaborou en diversas publicacións de dentro e fóra de Galicia, como Anales de la narrativa española contemporánea, Colóquio Letras, Dorna, Encrucillada, El Extramundi, Grial, Linguistica e letteratura e Revista de Filología Románica, e semanalmente en O Correo Galego (1995-1997) e El Correo Gallego. Tamén colaborou nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, entre outros. Estudoso...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico, crítico e tipógrafo. Fundador do grupo Devetsil (1920-1931) e teórico do movemento surrealista (1934-1951), os seus primeiros traballos estiveron influídos polo cubismo. A partir de 1940 centrouse nas colaxes surrealistas de mulleres núas. Editor dos xornais Disk (1923-1925) e ReD (1927-1931), radicalizou a súa postura cara á esquerda, como resposta ao fascismo en Alemaña, e dedicouse á crítica da arquitectura moderna. Publicou Poetismus (1924), Alexander Archipenko (1923) e Architektura v Ceskoslovensku (A arquitectura en Checoslovaquia, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (2.200 km2; 54.847 h [1988]). A súa capital é Tengréla (8.794 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Traballou na Universidade de Uppsala, no Instituto Kaiser Wilhelm de Berlín e no Instituto Nobel de Estocolmo. En 1955 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, pola súa contribución ao illamento das flavoproteínas e por outros estudos sobre fermentos respiratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. A súa obra representou a etapa idealista do gótico inglés. Foi autor das estatuas de Enrique III e Leonor de Castela da abadía de Westminster.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse co seu pai e con F. Solimena e estableceuse en Dresde, onde pintou principalmente retratos, cadros de altar e murais. Máis adiante trasladouse a Peterburgo, onde foi o pintor da corte de Catarina II de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (12.286 h [2001]). É un centro industrial con industrias variadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado preto do Jarama (2.942 h [2001]). É un centro comercial, con agricultura de regadío e gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria (55.477 h [2001]). É un importante centro de industria química. Destaca pola produción de fibras artificiais e pneumáticos, así como pola industria láctea.
VER O DETALLE DO TERMO