"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • REXIÓNS

    Rexión asiática de Turquía. A península de Anatolia está constituída por un núcleo antigo, a Plataforma Central (con 700 m de altitude media ao O e 400 ao L), ao redor da que se sitúan os cordais do dobramento alpino: montes do Ponto ao N e montes Tauro ao S. O clima da Plataforma Central é continental; os ventos son secos e a vexetación é esteparia. Na costa as temperaturas son máis suaves e hai máis humidade. O ámbito que comprende o nome de Anatolia foi aumentando co paso dos séculos. Na época bizantina, Anatolia era un distrito militar no O da Península; a comezos da época otomana era a parte asiática do imperio que comprendía o O e o N da Península; o actual estado turco comprende, administrativamente, a totalidade do territorio asiático, incluídos os sectores armenio e mesopotámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Turquía (35.880 km2; 2.793.900 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Anatolia.

    2. Culturas desenvolvidas en Anatolia ou Asia Menor.

    3. Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas da Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo humano anatólido ou aos individuos que o integran.

    2. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo. Este grupo humano, recoñecido en diferentes sistemáticas raciais como raza (na que se integraba a subraza arménida), considérase como a variante oriental do grupo humano dinárico ou dinárico-anatólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estudia a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección. Distínguense a anatomía animal, da que forma parte a anatomía humana, e a anatomía vexetal.

      2. Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.

      3. Estudio da estrutura dun ser vivo mediante a disección das partes que o integran.

      4. Estrutura dun ser vivo.

      5. Disección ou separación das partes que integran un ser vivo.

    1. Análise sutil.

      1. anatomía comparada

        Rama da anatomía que ten por obxecto o estudio anatómico comparativo dunha mesma estrutura (un órgano, un aparello, etc) en diferentes seres vivos co fin de establecer analoxías e homoloxías ou diferencias. Foi Cuvier, o ‘pai da anatomía comparada’ quen, ao publicar (1800-1805) as súas Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada), sistematizou, ordenou e valorou debidamente esta ciencia.

      2. anatomía descritiva

        Rama da anatomía que estudia de xeito analítico a localización, a forma e o desenvolvemento das partes (órganos, aparellos, etc) dos seres vivos.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo e á investigación dentro do campo da anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disecar, executar ou realizar a anatomía dun corpo.

    2. Discernir minuciosamente, analizar sutilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en anatomía patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anatomía patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que provoca que algunhas células, ao transformar unhas substancias noutras de potencial osmótico maior, eleven a súa presión osmótica e, polo tanto, a súa turxencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trastornos psíquicos -entre os que sobresae a depresión- producidos en determinados individuos que levan un certo tempo fóra do seu país e non se dan adaptado debido a que se atopan nun ambiente que ofrece unhas condicións de vida completamente distintas ás súas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade situada ao NL de Xerusalén. Salomón confiouna ao sacerdote Abiatar. Foi tamén a patria do profeta Xeremías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina microbiana atenuada que perdeu unha parte das súas propiedades tóxicas; sen embargo, aínda conserva as propiedades antixénicas, capaces de crear inmunidade. Constitúen a base das vacinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e pedagogo. En 1933 exerceu como mestre interino en Cayuela e Valdenoceda (Burgos) e en novembro de 1934 comezou a exercer como mestre nacional en Hontoria de la Cantera (Burgos). Ao rematar a Guerra Civil foi sancionado e trasladado a Cañizar de Amaya e no 1940 pediu a excedencia no Maxisterio Nacional. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid e en outubro de 1943 comezou a dar clases de Bacharelato en Almadén (Ciudad Real), en centros de ensino privado e clases particulares. Ensinou Lingua e Literatura gregas (1948-1950) no Instituto Luis Vives de València; posteriormente, do ano 1950 a 1953, trasladouse a Burgos onde tamén impartiu clases particulares. A finais 1953, gañou a Cátedra de Filosofía da Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e no 1954 a Cátedra de Filosofía do Instituto Rosalía de Castro. Diplomouse en Psicoloxía pola Universidade de Madrid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anchear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sinxela igrexa románica rural de nave única e capela de forma rectangular. No seu interior o arco triunfal é apuntado e os capiteis teñen decoración vexetal con bólas. Conserva a porta da fachada oeste, similar á da veciña igrexa de San Pedro de Ancorados. Pola súa estrutura e motivos decorativos debeu ser construída a finais do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de nemátodos ao que pertence o anquilostoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Natural da Gallaecia Asturicense e fillo do centurión san Marcelo foi, xunto co seu irmán san Celidonio, decapitado no ano 303 baixo o Imperio de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de enreixados, de estilo plenamente renacentista. Creou as reixas da capela maior da catedral de Palencia (1520), das dúas capelas da catedral de Burgos e da capela do corazón de Santa María (1532), en Medina de Rioseco.

    VER O DETALLE DO TERMO