"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Exerceu a docencia e colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega, Revista de Occidente e Nordés. Da súa produción destaca Una estirpe de escritores colombianos: los Caro (1943) e Páginas abandonadas de Gustavo Adolfo Bécquer (1948). Membro da Real Academia Galega, obtivo o Premio Pérez Lugín en 1943 por Galicia a través de sús poetas, en 1945 obtivo o I premio nos Xogos Florais de Santiago de Compostela pola súa composición Fachada del Obradoiro e en 1951 o I premio nun certame internacional celebrado en La Habana en honor de Curros Enríquez por Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal ou dunha materia dura, de forma curvada que acaba en punta e que serve para coller cousas ou para agarrar algo.

      2. Instrumento empregado en cirurxía e en prácticas anatómicas que consta dun mango, unha variña e unha extremidade curvada, e que serve para exercer unha tracción sobre unha parte do corpo.

      3. agulla de gancho TÉXT

        Agulla de labor de metal, de óso, de madeira, etc, coa punta dobrada formando un pequeno gancho ou garfo, que serve para facer á man traballos de punto e malla.

    1. Labor de punto que se fai coa agulla de gancho.

      1. Golpe que un boxeador dá co brazo dobrado en ángulo recto.

      2. Lanzamento, en baloncesto, que se adoita facer á canastra arqueando o brazo por enriba da cabeza.

    2. Persoa ou cousa que atrae a outras para algún fin, normalmente nunha trampa ou engano.

    3. Engado ou capacidade de atraer que posúe algo ou alguén.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Membro dos agostiños, foi prior dos conventos das cidades de Santiago de Compostela e Arenas de Iguña. Nomeado en 1654 cronista xeral do Reino de Galicia, destacan as súas obras Tabla de libros y capítulos de la historia eclesiástica de Galicia (1646), Descripción, origen y descendencia de la mui noble y antigua casa de Calderón de la Barca [...] (1661), Origen y antiguedad de la casa de Oca (1673), Nobiliario, armas y triunfos de Galicia (1677) e El cisne occidental (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘garavanzo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e poeta. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Presidente do Ateneo de Vigo, foi gobernador civil de Cáceres e letrado representante do goberno español no Tribunal Superior Internacional do Cairo (1880). Os seus poemas reuníronse en Obras poéticas de Emilio García de Olloqui (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Alberto Cortez, en Bélxica gravou os seus primeiros discos e logo estableceuse en España. Interpretou cancións do folclore popular e outras baseadas en textos de grandes poetas, como Antonio Machado, o Marqués de Santillana ou Lope de Vega. Deu recitais por Europa, Latinoamérica e EE UU, e como compositor é autor de éxitos como El abuelo, Castillos en el aire, Mi árbol y yo, En un rincón del alma e Cuando un amigo se va. Da súa discografía destaca Mr. Sucu Sucu (1963), El compositor, el cantante (1969), Distancia (1970), Equipaje (1972), A mis amigos (1975), A partir de mañana (1979), Castillos en el Aire (1980), Sueños y quimeras (1986), Coincidencias (1990), Fe (1998), Cortezías y Cabralidades (1998), En un rincón del alma (2001) e Después del amor (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucosidade que se expele con dificultade da gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1888 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde asistiu ao obradoiro de Eusebi Arnau e á escola de Llotja e frecuentou Els Quatre Gats, onde se relacionou con I. Nonell e Picasso, entre outros. En 1903 trasladouse a París cunha bolsa de viaxe, alí coñeceu a Max Jacob e interesouse pola escultura de Rodin. Dende entón a súa vida transcorreu entre Barcelona e París ata que se instalou definitivamente na capital francesa en 1923. Asimilou as formulacións estéticas do cubismo e comezou a experimentar cos metais. En 1907 creou a súa primeira escultura en metal, Pequeña máscara con mechón. En París realizou unha obra baseada na busca da síntese formal da figura en planos xeométricos e na valoración dos ocos e macizos. Das súas obras cómpre destacar Maternidad (1922), Bañista (1924), Máscara de arlequín (1924), Aguadoras (1925), Autorretrato (1927), Greta Garbo con mechón (1930) e El profeta (1933). En Zaragoza...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de palla e doutros vexetais que se lle dá ao gando como alimento.

      1. Póla pequena que se corta dunha árbore ou arbusto.

      2. Parte dunha rama que ao cortala queda unida ao tronco.

    2. Filamento ou pequeno anaco de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha superficie que presenta imperfeccións e rugosidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de banco que empregan os carpinteiros, cesteiros ou zoqueiros provisto dunha amósega na que, mediante unha cuña, se encaixan os distintos obxectos.

    2. Pao que se coloca debaixo da cabezalla do carro para mantelo en posición horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixe pequeno, especialmente de herba ou leña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panca en forma de arco que levan as armas de fogo e que accionada co dedo dispara a arma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Finanzas (1986) e de Interior (1987), antes de converterse en presidente da República en 1990-1994. Tras abandonar a presidencia foi elixido secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa nova e atrevida que pretende actuar coma se fose un home.

    2. Animal novo que aínda non serve para traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico italiano de carácter deportivo editado en Roma a partir de 1924. Dirixido por Pietro Calabrese, está incluído dentro do grupo editorial La Gazzeta dello Sport Srl. Céntrase sobre todo no desenvolvemento da liga italiana de fútbol (Calcio) e inclúe información sobre outros deportes, os resultados das competicións, o regulamento, os xogadores máis destacados, etc. Na súa sección “Fotofinish” insire as imaxes deportivas máis curiosas de cada día. En 1931 impulsou e patrocinou a celebración do Giro de Italia. No 2000 contaba cunha difusión media que superaba os 270.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen cheira mal e presenta un aspecto desaseado.

    2. Castrón que está en celo.

    VER O DETALLE DO TERMO