Gazzeta dello Sport, La
Gazzeta dello Sport, La
[PUBLIC]
Periódico italiano de carácter deportivo editado en Roma a partir de 1924. Dirixido por Pietro Calabrese, está incluído dentro do grupo editorial La Gazzeta dello Sport Srl. Céntrase sobre todo no desenvolvemento da liga italiana de fútbol (Calcio) e inclúe información sobre outros deportes, os resultados das competicións, o regulamento, os xogadores máis destacados, etc. Na súa sección “Fotofinish” insire as imaxes deportivas máis curiosas de cada día. En 1931 impulsou e patrocinou a celebración do Giro de Italia. No 2000 contaba cunha difusión media que superaba os 270.000 exemplares.