"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina psicosomática que estuda os efectos sobre o organismo das técnicas de acción psíquica (hipnotismo, suxestión, ioga ou zen), que están orientadas á modificación, con finalidade terapéutica, de estados concretos da vida psíquica e vexetativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo comparativo da estrutura e o desenvolvemento do corpo dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxica que se encarga do estudo da salvación dos homes, centrada na persoa e na obra de Xesús Cristo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor no talón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de coñecementos relativos á morte, especialmente desde o punto de vista da medicina legal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hábito de comer á présa e sen mastigar demasiado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor na rexión do tarso, especialmente a que acusan os adolescentes despois de andar ou permanecer de pé un longo período de tempo, a causa de posuír unha bóveda plantar insuficiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade de facer milagres ou cousas marabillosas.
-
-
Repetición dun mesmo pensamento expresado de maneiras distintas. De forma despectiva adopta o sentido de repetición inútil e viciosa.
-
Proposición ou fórmula lóxica que nun sistema dado só admite o valor de verdade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tactismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe do exército na antiga Grecia, instituído no inicio do s V a C. Estes tiñan por misión comandar os hoplitas.
-
-
Ciencia que estuda os procesos industriais utilizando os métodos da ciencia e da enxeñaría. Comprende a descrición e a crítica dos procedementos industriais, recolle a historia dos seus progresos e investiga as melloras e os avances dos que son susceptibles estes procedementos.
-
Conxunto dos coñecementos propios dunha arte industrial ou dun oficio mecánico.
-
Parte da bromatoloxía que sistematiza os coñecementos e as prácticas relativos aos procesos industriais de obtención, transformación, estabilización e condicionamento de alimentos. É unha disciplina relativamente recente, a pesar de que moitas operacións de tecnoloxía de alimentos (moenda, panificación, obtención de cervexa ou desecamento de carne e peixe) son moi antigas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor na mamila.
-
-
Estudo da finalidade.
-
Doutrina filosófica que se basea na idea de finalidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor nun tendón.
-
-
-
Ciencia que trata de Deus, das cousas de Deus. Dificilmente pode falarse estritamente dun discurso teolóxico no marco do pensamento grego ou latino anterior ao cristianismo. A teoloxía enténdese como ciencia que parte desde a revelación e fe cristiá e que se constrúe necesariamente a partir dos datos desa revelación e desa fe en diálogo coa historia contemporánea; unha ciencia que busca razoar conforme ao seu método específico. É dicir, que intenta facer comprensibles a todos, crentes ou non, o misterio de Deus tal como el o revelou na historia da salvación que culmina en Xesús Cristo e que se recolle tanto no Antigo Testamento como no Novo Testamento das Sagradas Escrituras. Probablemente, foi Tomé de Aquino quen contribuíu decisivamente a caracterizar a teoloxía como a explicación racional que expón comprensiblemente para a razón humana o contido da fe revelada e as súas implicacións. Para o máximo representante da escolástica, a teoloxía é, por antonomasia, a ciencia...
-
teoloxía da cruz
Corrente de acentos teolóxicos, tipicamente reformados e luteranos, que está en contraposición coa teoloxía da gloria, quizais máis propia do pensamento católico. Tende a acentuar o aspecto subxectivo da fe e a distancia entre Deus e o home.
-
teoloxía da liberación
/ teoloxía da liberación.
-
teoloxía dialéctica
Tendencia teolóxica, sobre todo protestante, que incide na oposición entre Deus e o home e que subliña a distancia infinita entre o Creador e a criatura. Isto non deixa de estar presente en varios pensadores místicos católicos, como san Xoán da Cruz que repite en moitas ocasións que é máis o que non se pode dicir de Deus que o que del se pode afirmar racionalmente.
-
teoloxía feminista
Modalidade da teoloxía da liberación que ten como finalidade a de denunciar os presupostos relixiosos de discriminación da muller e de descubrir na fe cristiá as bases da emancipación feminina.
-
-
Doutrina relixiosa referente a Deus, ao Deus ou ao divino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as malformacións embrionarias de plantas e animais, tanto desde o punto de vista morfolóxico como o das causas orixinarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de termos e de expresións propias dunha determinada ciencia, materia, persoa ou profesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda os fenómenos relacionados coa calor.
-
-
-
Conxunto de catro pezas dramáticas, especificamente, o conxunto do espectáculo teatral grego, constituído por tres traxedias, seguidas dunha peza satírica, que os poetas gregos presentaban a concurso nos festivais teatrais da Gregia clásica. Posiblemente foi Esquilo o primeiro que deu ás traxedias unha unidade temática.
-
Conxunto de catro obras literarias ou musicais que teñen unha unidade argumental básica.
-