tecnoloxía
tecnoloxía
(
-
s
f
[TECNOL]
Ciencia que estuda os procesos industriais utilizando os métodos da ciencia e da enxeñaría. Comprende a descrición e a crítica dos procedementos industriais, recolle a historia dos seus progresos e investiga as melloras e os avances dos que son susceptibles estes procedementos.
-
s
f
[TECNOL]
Conxunto dos coñecementos propios dunha arte industrial ou dun oficio mecánico.
-
tecnoloxía dos alimentos
[ALIM]
Parte da bromatoloxía que sistematiza os coñecementos e as prácticas relativos aos procesos industriais de obtención, transformación, estabilización e condicionamento de alimentos. É unha disciplina relativamente recente, a pesar de que moitas operacións de tecnoloxía de alimentos (moenda, panificación, obtención de cervexa ou desecamento de carne e peixe) son moi antigas.