tecodonte

tecodonte

(

  1. adx [ANAT]
    1. Aplícase aos dentes implantados nos alvéolos dos ósos destinados a aloxalos.

    2. Aplícase ao animal con dentes tecodontes.

  2. [PALEONT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos tecodontes.

    2. s m

      Réptil fósil da orde dos tecodontes.

    3. s m pl

      Orde de réptiles diápsidos co cranio longo e esvelto, con buratos preorbitais e palatinos, dentes tecodontes e sen dentes palatinos. As extremidades posteriores, máis grosas ca as anteriores, indican a tendencia á marcha bípeda.

Palabras veciñas

tecnocrático -ca | tecnoloxía | tecnolóxico -ca | tecodonte | técola | tecoma | TECOR