"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior do levate, feita de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Costume dos xudeus e dalgúns pobos orientais da antigüidade que consiste no casamento do irmán dun defunto coa viúva deste se non deixou descendentes masculinos. Deste xeito o primeiro fillo da unión do irmán e a viúva considerábase a todos os efectos fillo do defunto. Esta institución tiña por obxecto evitar que a viúva quedase sen recursos e asegurar a súa liñaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
levoxiro.
-
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Kentucky, EE UU (225.366 h [1990]). Situada no centro do estado, na rexión de Bluegrass, é un porto fluvial e mercado agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Sutton.
-
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo italiano. Fundou o Centro di Studi Filologici e Linguistici Siciliani dei Secoli XIV e XV. Destacan as súas obras Il Sacchetti e la tecnica musicale del Trecento italiano (1935), F. Sacchetti nomo “discolo e grosso” (1940), F. Sacchetti (1942), Restauri trecenteschi (1947), Jofre de Foixà: Vers e Regles de trobar (1952), La questione dei siciliani (1954) e Sopravvivenza delle leggende carolingie in Sicilia (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e mártir. Morreu martirizado polos vándalos xunto á súa esposa. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos instrumentos de medicina. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal latino Liberatus, derivado de liberāre ‘liberar, ceibar’. Presenta as variantes Liberado/Librada. Destacan con este nome o mártir san Liberato (s V), que se celebra o 23 de marzo; santa Liberata de Como (s VI), que se celebra o 18 de xaneiro, e santa Liberata (s II), patroa do concello de Baiona, que se celebra o día 20 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para liberar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escravo ao que o seu amo lle concedeu a liberdade. En Grecia e Roma, os escravos acadaban a liberdade, pero con limitacións xurídicas e obrigas respecto ao seu amo. Deste xeito, mantiveron as súas antigas ocupacións, e a súa situación cambiou pouco, pero nalgúns casos acadaron unha considerable riqueza e ocupáronse dos asuntos comerciais menosprezados polas grandes familias. Así mesmo, os libertos imperiais, antigos escravos da administración, acadaron unha forza política importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do N de África, continuación oriental de Sáhara, que se estende desde as montañas do Tibesti ao O ata o val do Nilo ao L (2.000.000 km2). Está constituído por unha chaira inclinada cara ao O, onde destacan dunas e mesetas pedregosas, separada dos altiplanos do N de Cirenaica por unha gran depresión.
-
-
Acción e efecto de librar algo ou a alguén dándolle a liberdade.
-
Acción de librar unha letra de cambio, pagaré, cheque ou calquera outro documento que teña función de xiro.
-
libracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que reclama para a razón individual unha independencia absoluta de calquera criterio sobrenatural en materia relixiosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto literario que acompaña unha obra musical ou dramática.
-
-
Acción de licenciar ou licenciarse.
-
Acto en que se recibe o grao de licenciado.
-
-
-
Que está permitido pola lei ou a moral, ou que se axusta a elas.
-
Que é conforme á razón ou á xustiza das persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio da Universidade de Berkeley (California), situado en Mount Hamilton, a 1.238 m de altura. Inicialmente dispuxo dun telescopio refractor de 36 pulgadas, financiado por J. Lick, en 1895 construíuse outro reflector, das mesmas dimensións e, en 1959, instalouse o terceiro de 120 pulgadas, tamén reflector.