levirato
levirato
(< lat levir -ĭri ‘irmán do marido’)
s
m
[HIST]
Costume dos xudeus e dalgúns pobos orientais da antigüidade que consiste no casamento do irmán dun defunto coa viúva deste se non deixou descendentes masculinos. Deste xeito o primeiro fillo da unión do irmán e a viúva considerábase a todos os efectos fillo do defunto. Esta institución tiña por obxecto evitar que a viúva quedase sen recursos e asegurar a súa liñaxe.