"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, capital da comarca de Las Brañas (18.110 h [1996]). Sitúase no val onde o río Luiña ou Naviego desemboca no Narcea. Centro agrícola, destacan os cultivos de millo, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Co gallo da importancia da cría de gando ovino e bovino, celébranse na localidade feiras de sona. O sector mineiro provocou un auxe económico que contribuíu ao desenvolvemento urbano. Durante o reinado de Fernando III o Santo Cangas del Narcea converteuse en vila. A basílica de Santa María Magdalena, erixida no 1642, está declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado incorrectamente ao concello de Cangas para diferencialo dos concellos asturianos de Cangas del Narcea e Cangas de Onís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Balonmán Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de monxas beneditinas situado en Pantón, tamén coñecido coa advocación de san Pedro. A súa data de fundación é incerta, inda que xa aparece nomeado en documentos dos primeiros anos do s XII. Trala morte da abadesa Inés López, anexionouse a San Paio de Antealtares en 1515. Só se conserva a súa igrexa, románica de transición ao gótico. A actual planta é de cruz latina cunha nave lonxitudinal e outra no cruceiro. A cabeceira é tripartita, as capelas laterais son rectangulares e a central é semicircular, no interior, e poligonal, no exterior. Entre os monumentos funerarios conservados nas capelas destaca a estatua orante de Rodrigo López de Quiroga do s XVII. O arco triunfal é de medio punto dobrado. Na igrexa consérvase un calvario, posiblemente datado nos primeiros anos do s XIV, procedente dunha pequena capela situada cerca do mosteiro. Está realizado en madeira policromada e consta de tres figuras de tamaño case natural: Cristo rodeado da Virxe María e san Xoán. A figura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial localizada en Lalín. De estilo románico, os epígrafes conservados amosan unhas datas comprendidas entre 1170 e 1180. Consta dunha nave e dunha ábsida posteriormente ampliada. A nave ten cuberta de madeira a dúas augas. A fachada principal reformouse ao engadirse un óculo e unha espadana de dous arcos ademais dun terceiro como coroamento. A porta está formada por unha arquivolta apoiada en dúas columnas a cada lado. O tímpano presenta un lintel bilobulado cunha inscrición entre os lóbulos, o conxunto complétase con catro arquiños semicirculares na parte superior do tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial e antiga colexiata situada en Cangas. Construída en diferentes épocas, a planta, basilical de tres naves, é gótica e a fachada principal, obra de Xácome Fernández, é de estilo plateresco (1589). Esta última consta de dous corpos con columnas estriadas de orde composta e xónica, os intercolumnios están decorados con estatuas de diferentes épocas. O corpo inferior acolle unha porta semicircular flanqueada por dous medallóns nas esquinas, o superior un óculo de grandes dimensións rodeado polas figuras dos catro evanxelistas. O conxunto remata cun frontón triangular cunha imaxe no centro do tímpano do Padre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos madeiros apoiados nas trabes sobre os que descansan as tellas.

      2. Madeiro que vai dunha trabe a outra ou ao muro dunha construción para soster o tellado.

    1. Pao groso e mal formado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruz de madeira que se coloca de forma perpendicular á lanza do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne do xénero Vinca, da familia das apocináceas, de talo rastreiro que pode chegar aos 2 m de lonxitude, de látex velenoso, follas ovadas, perennes e opostas de ata 7 cm de longo e flores de corola azul pentalobulada de ata 45 mm de diámetro. En Galicia están presentes as especies: V. difformis, con marxes das follas glabras, en lugares húmidos e sombrizos, especialmente en sebes e valados e V. major con sépalos, co limbo das follas ciliados, que se cultiva para uso ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Necrose dunha parte dun tecido ou dun órgano motivada por un insuficiente rego sanguíneo local.

      2. gangrena gasosa

        Gangrena que se produce nas feridas con grandes estragos, moi contusas, con esmagamento aberto, etc, debido á acción de diversas bacterias anaerobias do xénero Clostridium. Caracterízase por edema, produción de gas e decoloración. OBS: Tamén se denomina flegmón enfisematoso ou gasoso.

      3. gangrena húmida

        Gangrena que ten lugar cando non existe desecación e se produce infección con putrefacción bacteriana.

      4. gangrena seca

        Gangrena que se produce cando os lugares afectados son superficiais e se deshidratan rapidamente por evaporación. Débese a unha obstrución arterial. OBS: Tamén se denomina momificación.

    1. Aquilo que corrompe ou que perturba moral ou socialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cangrexo real [Geryon affinis, infraorde dos braquiúros]

      Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella intensa, de ata 19 cm de ancho. Abdome moi reducido pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias. Patas moi longas, delgadas e algo aplanadas co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive no noiro da plataforma continental a 700 m de profundidade. Na beira oriental atlántica distribúese dende Islandia ata o norte de África, sendo abundante fronte ás costas galegas. Captúrase por medio de nasas e, ocasionalmente, co palangre. A partir de 1990 foi obxecto de explotación por parte de mariñeiros galegos, pero a rendibilidade estivo asociada ás subvencións que ofreceu a consellería de Pesca da Xunta de Galicia, nun intento de favorecer unha especie alternativa de marisco. A súa época ideal de consumo é o verán, cando outros mariscos como a centola están en veda. Adoita prepararse cocido con loureiro, de maneira semellante aos demais crustáceos mariños de consumo...

    2. cangrexo terrestre

      Cangrexo que pasa a maior parte da súa vida en terra como os do xénero Sesarma, propios dos mangleirais pero que se van alimentar nos cultivos ou os do xénero Cardisoma, que viven en Florida e nalgunhas illas do Pacífico. Estes últimos acadan os 60 cm de lonxitude e causan estragos nos cultivos, onde se poden atopar 25.000 individuos por Ha. Outras especies chegan á base das palmeiras polas que gabean guiándose pola sombra, tiran abaixo os cocos que escachan contra o chan e aliméntanse da polpa.

    3. cangrexo violinista

      Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva que emprega para incitar as femias na cópula e para intimidar outros machos. Viven en tobos que eles mesmos fabrican no intermareal de costas lamacentas. No sudoeste da Península Ibérica e costas africanas vive a especie U. tangeri.

    4. Nome que reciben distintos crustáceos da orde dos decápodos, especialmente os mariños da división dos braquiúros, os doceacuícolas da familia dos astácidos e algunhas formas da división dos anomuros, caracterizados por lles rematar o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas. Os de mar gozan de gran prestixio e popularidade en Galicia, ao contrario que os de río, que se consomen principalmente cocidos nas zonas onde é propio, aínda que tamén se poden fritir. Comercialízanse vivos, cocidos ou en conserva. Úsanse para preparar cremas de marisco (o bisque) e un aderezo para peixes, feito coas colas ligadas nunha salsa, denominada á Nantua.

    5. cangrexo araña

      Cangrexo de patas longas e corpo triangular, de dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico. Algunhas, como a Hyas coarctatus, abanean as pinzas vivamente coloreadas para atraer e capturar peixes. Outras especies, que viven sobre fondos lamacentos, teñen as patas moi longas como é o caso de Machocheria kaempferi das costas de Xapón, cun corpo de 30 cm e cunhas patas de ata 2,5 m de lonxitude.

    6. cangrexo chícharo

      Cangrexo de reducido tamaño e de corpo arredondado que vive asociado a outros animais. A especie Pinnotheres pisum, de ata 15 mm de lonxitude, vive no interior dos mexillóns, de onde non poden saír as femias ao medrar e son buscadas polos machos de menor tamaño e maior mobilidade. Outras especies viven no recto das candorcas ou no interior das holoturias.

    7. cangrexo común

      Nome co que se coñece a especie Carcinus maenas, de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña de ata 4 cm de lonxitude. Vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías e soporta variacións de salinidade e certo grao de contaminación. Está presente no Mediterráneo e no Atlántico.

    8. cangrexo de mar

      Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, como o boi, a centola e a nécora, que habitan medios mariños.

    9. cangrexo de santo Antón/cangrexo mulieiro

      Nome co que se coñece a especie Pachygrapsus marmoratus, cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de ata 35 mm de longo e 40 mm de ancho, de cor verde con pintas castañas escuras; ten ademais o primeiro par de patas rematadas nunhas pinzas e o resto das patas peludas. Depredador activo das costas rochosas do Atlántico oriental, dende o golfo de Bizkaia ata Marrocos e do Mediterráneo ata o Mar Negro.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de Priegue (concello de Nigrán), situada na enseada Carreira ou de Patos entre a praia de Patos e das Cañas, ao S, e a praia do Portiño, ao NL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Irixo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cangas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero marsupial pertencente á familia dos macropódidos, de tronco longo, coas patas anteriores curtas e as posteriores longas e fortes, adaptadas ao salto, que serven de soporte, xunto coa longa e masculada cola. Existen máis de 50 especies, propias de Australia, Tasmania e Nova Guinea que ocupan, dependendo da especie, a estepa, medios rochosos, ambientes boscosos ou mesmo as árbores, como a especie Dengrogalus lumholtzi. Trala fecundación, existe un curto período de xestación intrauterina, de ata 40 días, ata que nace xeralmente un único embrión duns 25 mm de lonxitude e de peso inferior a un gramo. Esta cría ten que desprazarse dende a vaxina ata a entrada do marsupio, operación que dura ata 5 minutos, e na que a femia permanece sentada sobre a cola. A femia, que limpa coidadosamente a bolsa marsupial, pode guiar a cría creando un vieiro de saliva. Unha vez no marsupio aférrase á mamila. A presenza do lactante provoca unha diapausa embrionaria na que se detén o desenvolvemento...

    2. Persoa que coida nenos por horas.

    3. Peza de roupa impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Australia, no estado de Australia Meridional, situada fronte ao golfo de San Vicente (4.350 km2). Os principais recursos económicos son a gandería ovina e a explotación dos bosques de eucaliptos. No seu interior hai espacios declarados reserva de fauna e flora. A poboación principal é Kingscote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, en China, situada ao sur de Tianjin, na chaira que está á beira do Gran Canal (531.470 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen practica o canibalismo.

    2. Aplícase ao animal ou á especie que se alimenta con seres da mesma especie.

    3. Aplícase á persoa cruel ou inhumana.

    VER O DETALLE DO TERMO