cangorza
cangorza
s
f
[PLANTA]
Herbácea perenne do xénero Vinca, da familia das apocináceas, de talo rastreiro que pode chegar aos 2 m de lonxitude, de látex velenoso, follas ovadas, perennes e opostas de ata 7 cm de longo e flores de corola azul pentalobulada de ata 45 mm de diámetro. En Galicia están presentes as especies: V. difformis, con marxes das follas glabras, en lugares húmidos e sombrizos, especialmente en sebes e valados e V. major con sépalos, co limbo das follas ciliados, que se cultiva para uso ornamental.