"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
caínzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
caínzo.
-
-
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que se estende polo límite entre as parroquias e concellos do Canizo (A Gudiña), A Vilavella (A Mezquita), Vilaseco da Serra (Viana do Bolo) e Vilanova da Serra (Pías, na comarca de Sanabria, Zamora). A súa máxima altitude correspóndese co vértice entre as tres primeiras parroquias mencionadas, que chega aos 1.459 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao pé de Sierra Morena, no val de Andarax (1.783 h [1996]). A economía é principalmente agrícola e destaca a produción de uva. Tamén se produce aceite, cereais e esparto. A gandería redúcese a unhas poucas cabezas de vacún e porcino. As fábricas de xabón e augardante constitúen os principais sectores industriais. Existen pequenos xacementos de chumbo e calamina. Na cova de Nieles atópanse inscricións e restos de obxectos antigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor esloveno. De convicións nacionalistas, defendeu reivindicacións de carácter social. Cultivou a poesía en Erotika (1899) e destacou no conto psicolóxico en obras como Martin Kaču (1907) e Za Križenn (1909) e no drama social á maneira de Ibsen cos titulos Kraljna Betajnovi (1904) e Lepa Vida (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, na rexión de Anatolia Central, Turquía (45.700 h [1990]). Corresponde á antiga Gangra ou Germanicopolis, capital do reino de Paflagonia que posteriormente formou parte da provincia romana de Galacia. Nos primeiros tempos do cristianismo foi a sede metropolitana de Paflagonia, onde se celebrou no 350 o sínodo de Gangra, de grande importancia doutrinal e disciplinaria, de feito, o Concilio de Caledonia considerou os seus 20 canons de valor ecuménico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na rexión de Anatolia Central (8.659 km2; 281.700 h [1990]). A capital é Çankiri.
-
-
canal.
-
Peza do muíño construída con lousas de pedra, unha na base e dúas formando as paredes laterais, que acada lonxitudes de 5 a 15 metros, segundo a configuración do terreo, e posúe unha capacidade grande, xa que o ancho é duns 80 cm e 50 cm de fondura. Ten forma troncopiramidal moi empinada, que se estreita ao ir achegándose ao rodicio e fai un acaneo rápido para darlle máis pendente. Canaliza a auga dos regatos, da gavada e da presa cara ao rodicio poñendo en funcionamento todo o mecanismo de trituración.
-
-
Cada unha das tellas colocadas nun tellado coa cara cóncava para arriba, que serve de conduto para a auga.
-
Nun tellado, fileira de tellas dispostas coa concavidade cara a arriba, para que escorra a auga da chuvia.
-
-
Parte profunda do suco que vai deixando o arado ao romper na terra.
-
-
Conduto que une, xeralmente, dúas estruturas anatómicas definidas, e no seu interior circulan ou se conteñen substancias líquidas ou semilíquidas.
-
canle dixestiva
tubo dixestivo.
-
canle neurentérica
Conduto embrionario que comunica o tubo ou canle nerviosa co arquénteron no estadio de néurula. Esta canle fórmase a causa da fusión das protuberancias medulares por riba do suco blastopórico. Posteriormente, a canle neurentérica reabsórbese e, como consecuencia, desaparece a comunicación entre o tubo nervioso e a cavidade dixestiva primitiva.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín canale ‘canal’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en 1973 baixo o subtítulo “Voceiro do Cumio Central da Unión do Pobo Galego”. De tendencia nacionalista ligada á UPG, estaba dirixida aos militantes desta agrupación política. Amais dos contidos figuraban debuxos de Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2calea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de canlear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2calear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto que recolle as augas dun tellado para dirixilas ata o chan.
-
RIOS
Río afluente do Navia pola dereita. Nace a 1.010 m de altitude no límite entre as parroquias de Vilaquinte (concello de Cervantes) e Ribón (concello de Navia de Suarna). O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Ribón, Sevane e A Pobra de Navia, onde desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das cannáceas á que pertence a cana da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de construcións ou dependencias de carácter civil para comerciantes, artesáns, prostitutas, etc, que acompañaban as lexións romanas. Adoitaban establecer unha relación ocasional ou estable coa tropa de tal xeito que creaban pequenos núcleos urbanos fóra dos campamentos militares, que nalgúns casos chegaron a se converter en cidades onde os soldados romanos acostumaban quedar unha vez finalizado o seu período de servizo no exército romano.
-
-
Relativo ou pertencente ás cannabáceas.
-
Herbácea da familia das cannabáceas.
-
Familia de orde das urticais constituída por plantas dioicas propias do holártico, aínda que se atopan tamén cultivadas en áreas mornas de Australia e de América do Sur. Pertencen a esta familia o cánabo e o lúpulo.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista alemán. En 1758 foi Konzertmeister en Mannheim e director da orquestra desta cidade (1774) e da orquestra da corte de Múnic (1777). Compuxo numerosas pezas para música de cámara, sinfonías, concertos, ballets e óperas. Introduciu o clarinete como instrumento obrigatorio na orquestra e promoveu a instrumentación variada e a independencia dos diversos tipos de instrumentos.
VER O DETALLE DO TERMO