cannaba*

cannaba*
s f

Conxunto de construcións ou dependencias de carácter civil para comerciantes, artesáns, prostitutas, etc, que acompañaban as lexións romanas. Adoitaban establecer unha relación ocasional ou estable coa tropa de tal xeito que creaban pequenos núcleos urbanos fóra dos campamentos militares, que nalgúns casos chegaron a se converter en cidades onde os soldados romanos acostumaban quedar unha vez finalizado o seu período de servizo no exército romano.