"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Estevesiños e Albarellos (Monterrei). O seu cumio acada os 540 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que forma o límite entre a parroquia da Esculqueira (A Mezquita) e Portugal. O seu cumio acada os 863 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Legume ou sílicua dividida en fragmentos monospermos, separados entre si por estreitamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte italiano. Especializouse en pintura renacentista e barroca italiana e escribiu Piero della Francesca (1927), Viatico per cinque secoli di pittura veneziana (1946) e Caravaggio (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre localizado na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén). Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Fundador e redactor de Mundo de Ahora, dirixiu Información de Economía y Legislación Mercantil y Tributaria. Da súa produción destacan El libro del produtor y molinero (1944), Abc del agricultor (1945), Historia de la Biblioteca Provincial (1989) e a biografía de Manuel Castro Gil (1990). Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a encomenda da orde civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Baixo o reinado de Fernando VII foi arquitecto maior de Madrid. Proxectou o palacio de Sonora, o da duquesa de Villahermosa (1806), a Puerta de Toledo (1823-1827) e o Teatro Real (1818-1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Da súa produción destacan Juliano el Apóstata (1907), Galicia. Su raza y su genio (1918) e Filosofía de la ilusión (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e filántropo. Con doce anos marchou a Puerto Rico. De regreso a Galicia, relacionouse co mundo literario e artístico coruñés. Patrocinou os primeiros Xogos Florais de Galicia (2.7.1861), celebrados na Coruña, e a edición do Álbum de la Caridad, en que, ademais das composicións dos participantes nestes xogos, se recollen seis das súas composicións escritas en castelán. Foi un dos primeiros impulsores da ILE en Galicia, xunto cos irmáns de la Iglesia, e das colonias escolares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Vigo e presidente da Deputación de Pontevedra, onde representou a cidade durante 40 anos. Foi cónsul de Chile e Costa Rica, e como empresario estableceu unha fábrica de chocolate e fundou a primeira fábrica de papel continuo de Vigo, La Cristina. Recibiu de Afonso XIII a Gran Cruz de Isabel la Católica (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Despois da independencia de México iniciou unha serie de pronunciamentos, entre 1828 e 1832, ata que foi nomeado presidente da República en 1833. Comandou o exército na loita contra a independencia de Texas (1835-1836). Derrotado e capturado polo exército texano na Batalla de San Jacinto, asinou o tratado polo que Texas acadou a súa independencia. Liberado polo presidente de EE UU, Andrew Jackson, volveu a México e frustrou o intento dos franceses de tomar Veracruz (1838). Elixido de novo presidente en 1839, no período 1841-1844 rexeitou a constitución liberal de 1824 e proclamouse presidente con poderes ditatoriais. Volveu á presidencia entre 1846-1847 e 1853-1855.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista. Escribiu en La Correspondencia Gallega varios artigos como “Os maios en Pontevedra polos anos de 1848 a 1853” (1904) e en 1915 publicou na prensa local “Recuerdos de mi niñez. La festividad del Corpus en Pontevedra”. Participou no Certamen Pedagógico de Pontevedra de 1897 onde acadou o primeiro premio co traballo Higiene escolar en general. Su aplicación a las escuelas de Galicia, teniendo en cuenta las condiciones del clima, costumbres de sus habitantes y enfermedades más comunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, duque de Béjar, XIII conde de Lemos, X marqués de Sarria, X conde de Andrade e XI conde de Vilalba. Durante o seu padroado establecéronse as cátedras de Filosofía, Teoloxía Dogmática e Teoloxía Moral no seminario de Monforte de Lemos. Morreu sen sucesión e as súas posesións galegas pasaron a Jacobo Fitz-James Stuart y Colón, duque de Berwick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Asesor lingüístico da TVG, é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e coordinador de área da revista Cadernos da Lingua. Interesado nos estudios sobre o galego oral e a incidencia desta lingua nos medios de comunicación, é autor de Desde o teito da noite (1987), Vocabulario dos pesos e medidas (1988), Vocabulario do medio físico (1988), en colaboración, Cadernos dos dereitos e das horas (1994) e O tempo entre murallas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, historiador, arqueólogo e novelista. Durante a súa estadía en Madrid dedicouse á transcrición de documentos galegos do Archivo Histórico Nacional e comezou a escribir os seus primeiros artigos de carácter histórico. Foi arquiveiro-bibliotecario (1865) e realizou un labor investigador e arqueolóxico na catedral de Santiago de Compostela desde 1871. Fundou a revista Galicia Histórica (1901-1903) e colaborou en distintas publicacións, como El Porvenir, Galicia Católica, El Pensamiento Gallego e Galicia Diplomática. Ademais publicou estudios históricos, fontes, bibliografía e crónicas de Galicia. No ámbito da literatura galega pódese incluír na segunda xeración provincialista, xunto con algúns autores coetáneos, como Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal, pero se estes últimos se dedicaban á produción poética en galego, López Ferreiro cultivou o xénero novelístico. Nese sentido destaca a súa influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Participou no volume poético colectivo Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola libertade (1995). Das súas obras destacan Os camiños do soño: A poesía de Uxío Novoneyra (1993) e Se as aves insistisen na ledicia: a obra de Bernardino Graña (2002). Recibiu o premio da agrupación cultural O Facho en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Cultivou unha estética realista pola que foi coñecido internacionalmente e, en 1970, asinou un contrato en exclusiva coa galería Malborough de Nova York. A complicidade con outros compañeiros, como María Moreno, Isabel Quintanilla, Francisco e Julio López Hernández, fixo que o grupo recibise a etiqueta de realismo madrileño. A súa obra representa fragmentos do mundo cotián e afectivo, paisaxes, interiores e, como temática principal, a cidade de Madrid. Interveu como protagonista na película El sol del Membrillo (1991), dirixida por V. Erice. Das súas obras destacan Los novios (1955), Campo del Moro (1960) e Gran Vía (1974-1981). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) e o Premio Príncipe de Asturias (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en diversos periódicos e revistas, como Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna e publicou La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela (1927), Tratado de Pedagogía I e II (1968-1970), Los grandes pedagogos (1970) e La inmortalidad. Historia de la pedagogía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO