"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Oso (? 1100 - 1170) Margrave de Brandenburgo, conde de Ballenstedt. Recibiu de Lotario II a marca do Norte (1134). Designado herdeiro de Brandenburgo por Pribizlav, príncipe eslavo (vend), confirmou esta posición ao vencer o vend Zeczo Köpenic (1157). Colonizou o L con holandeses e flamencos e fundou Stendal (1151).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Bélxica que vai de Anveres a Liexa e comunica o Escalda co Mosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alto funcionario real. Como representante do lugartenente de Mallorca durante a época das Xermanías, concertou a paz de 1521 entre os refuxiados en Alcudia e os sublevados. No 1522 foi nomeado lugartenente de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se volve branco, que esbrancuxa.

    2. Refírese ás plantas afectadas pola albicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Ao ser proclamada a Segunda República, organizou un grupo paramilitar de dereitas, os Legionarios de Albiñana. En 1932 fundou o Partido Nacionalista Español e participou na revolta do Xeneral Sanjurjo. Foi detido en Madrid en 1936 e fusilado pouco tempo despois de comezar a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, urbanista e dese-ñador italiano. Realizou, entre outros, os almacéns Rinascente en Roma (1958-1961). No campo do deseño, especializouse no moble. Entre as súas obras máis tardías, destaca o Museo Civico del Chiostro degli Eremitani en Padua (1969-1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote volcánico do Mediterráneo de acantilados avermellados. Situado entre Adra (Almería) e o cabo Tres Forcas (Marrocos). É a máxima elevación dunha dorsal submarina de dirección LO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación do extremo occidental do mar Mediterráneo contiguo ao Estreito de Xibraltar e comprendido entre as costas de Andalucía, de Marrocos e da rexión de Orán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo alemán, discípulo de J. Wolf. Dirixiu a nova edición das obras de J. S. Bach do Instituto de Göttingen e da colección de música alemá Organum (1950). É autor dunha monografía sobre Caspar Othmayr (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e profesor austríaco. Foi organista na abadía de Melk (1760) e na corte de Viena (1772), e Mestre de Capela da catedral de Viena (1792). Escribiu música relixiosa e de cámara. Tivo a Beethoven como discípulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano coñecido como Ivan le Lorraine. Influído en parte por Giorgio De Chirico, cultivou un realismo máxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adiantado Maior do Reino de Galicia na época do Rei Sancho IV de Castela. Apoiou o infante don Xoán, irmán do Rei, na procura da Coroa de Galicia e conseguiu liberalo cando estaba preso ao aliarse co Rei de Portugal don Denís e cos señores galegos fronte a don Sancho. O Rei perdooulle o seu acto de rebeldía, pero nun posterior alzamento a prol do infante fixo que acabara en prisión. Salvou a vida mercede á mediación da raíña María de Molina, parente súa e rexente trala morte de Sancho, e ao apoio da nobreza galega e leonesa. Despois de prestar xuramento de fidelidade a Fernando IV e non cumprilo, marchou a Portugal e entrou ao servizo do Rei don Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco que atravesa un terreo de labradío e que se emprega como desaugadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alcaán Cidade asolagada na lagoa homónima por causa dunha maldición que Cristo lle botou cando, na compaña de Pedro, pasou polo lugar pedindo esmola e os habitantes botáronlles os cans. Segundo a tradición, a fórmula empregada por Cristo perdura no refrán “adeus vila de Alcaián que tamén me acirraches os cans”. Como tamén pode ocorrer noutras cidades mergulladas (por exemplo, as de Antela, Lobeira, Veria ou Valverde), escóitase o canto dos galos ás doce da noite do Nadal. O simbolismo acuático de pureza primordial devolve as cidades asolagadas a un estado de graza primixenia logo dunha falta cometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Na parroquia de Seavia, do concello de Coristanco, situada na Braña Roxa (400 m) que desauga polo regueiro de Brañas Rubias. A lagoa aproveita o relevo aplanado da Depresión Meridiana e mais a impermeabilidade das rochas básicas desa área xeomorfolóxica. Tamén se chama Braña Rubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribiu a comedia Aínda vive, en dous actos, estreada na Coruña no 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor andaluz. Foi un dos líderes do Pronunciamento de Cabezas de San Juan (1820). Durante o Trienio Liberal ou Constitucional (1820-1823) pertenceu ao grupo dos ‘exaltados’. Foi Ministro de Mariña con Istúriz e de Fomento con Narváez. Interveu no nome dos ‘clasicistas’ na controversia Böhl-Faber (1818-1919). Máis adiante escribiu o prólogo revolucionario de El moro expósito (1834), se ben adoptou unha actitude máis ecléctica. Foi autor, entre outras obras, de Floresta de rimas antiguas castellanas (1822-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO