Alcaián

Alcaián
[MIT]

ou Alcaán Cidade asolagada na lagoa homónima por causa dunha maldición que Cristo lle botou cando, na compaña de Pedro, pasou polo lugar pedindo esmola e os habitantes botáronlles os cans. Segundo a tradición, a fórmula empregada por Cristo perdura no refrán “adeus vila de Alcaián que tamén me acirraches os cans”. Como tamén pode ocorrer noutras cidades mergulladas (por exemplo, as de Antela, Lobeira, Veria ou Valverde), escóitase o canto dos galos ás doce da noite do Nadal. O simbolismo acuático de pureza primordial devolve as cidades asolagadas a un estado de graza primixenia logo dunha falta cometida.

Palabras veciñas

alcadieno | alcaest | alcahest | Alcaián | Alcaián, lagoa de | alcaiata | alcaico -ca