"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Locomoción que se realiza mediante os brazos; en sentido restrinxido, movemento entre as árbores pendurándose das pólas colgando e balanceando o corpo. Distínguense dúas formas de locomoción braquial entre os primates. A braquiación típica, propia do xibón, que permite o salto aéreo dunha póla a outra, e a braquiación australopitecina, propia dos primeiros homínidos, que lles permitiría gabear polos troncos das árbores apoiándose nas pólas coa axuda dos brazos e das mans, o que constitúe unha adaptación máis xeneralizada co balanceo acrobático dos brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do latín Brittius/Bruttius, que pode ser ‘habitante dos Brutii’ (hoxe Calabria), derivado de Brito ‘bretón’ ou do céltico brig ‘forza’; sen embargo, non garda ningunha relación con Breixo. O espallamento deste nome na Europa medieval débese, sen dúbida, á sona acadada por san Bricio (s V), sucesor de san Martiño na sé episcopal de Tours. En Galicia existen dous topónimos que levan o nome deste santo, pertencentes aos concellos de Noia e Covelo. A súa festa celébrase o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidades militares integradas por voluntarios estranxeiros que loitaron a prol dos republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). Os primeiros grupos formáronse en xullo do 1936 con participantes na Olimpiada Popular de Barcelona. A súa organización propúxose na reunión do Komintern do 26 de xullo de 1936, co propósito de integrar a todos os voluntarios de ideoloxía antifascista baixo a dirección comunista. Participaron combatentes de máis de 50 países de todo o mundo, cun total de 40.000 homes ao longo da guerra, organizados en 15 brigadas. Os principais continxentes foron franceses (10.000 voluntarios), italianos (2.500), belgas, iugoslavos, ingleses, canadenses e norteamericanos. Máis do 80% eran obreiros, en xeral mozos, aínda que tamén había veteranos da Primeira Guerra Mundial. Interviñeron eficazmente na defensa de Madrid (novembro do 1936) e nas batallas do Jarama, Brunete, Belchite, Teruel e, finalmente, no Ebro. O goberno republicano, cumprindo a resolución da Sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Función dada pola expresión:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Haloxenación dunha molécula orgánica con bromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución a base de cocaína, morfina e antieméticos utilizada como analxésico e euforizante en pacientes con cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Relativo ou pertencente aos brucios.

    2. Individuo do pobo brucio.

    3. Pobo da antigüidade que habitou o Brucio (Bruttium), actual Calabria. Colonizada a costa polos gregos, os habitantes do interior proviñan da Lucania, na Italia central. Aliados do Rei Pirro na loita contra os romanos, foron derrotados e sometidos no ano 272 a C. Despoxados dos seus dereitos como pobo confederado e declarados escravos do Estado, pola axuda que lle prestaron a Aníbal. A Guerra dos Escravos, do 73 ao 71 a C, arruinou o seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Segundo a lenda, despois do suicidio de Lucrecia, violada por Tarquinio, alzou o pobo en armas e derrocou a monarquía, decretando o exilio da familia real. Trala creación do consulado, Bruto foi un dos primeiros en exercer esta maxistratura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gasterópodo mariño cunha cuncha que serve para producir sons de aviso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida antiga para pesar os cereais equivalente a dous ou seis ferrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído, confusión e movemento provocado pola gran cantidade de xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non permanece quieto ou que sempre fai ruído.

    2. Aplícase ao lugar ou situación na que hai bulicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, compositor e teórico musical. Da súa produción destacan pezas para piano Elegien (1907) e Segunda sonatina (1912), e as óperas Arlecchino e Turandot (1917) e Doktor Faust (1924). Publicou o ensaio sobre estética musical Entwurf einer neuen Aesthetik der Tonkunst (Esbozo dunha nova estética musical, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural que forma parte do complexo orográfico dos montes de Toledo, composto por bosques mediterráneos de influencia continental, matogueiras e formacións herbáceas. Está dentro dos límites dos concellos de Los Navalucillos, Hontanar, Navas de Estena, Retuerta de Bullaque, Horcajo de los Montes, Alcoba, Navalpino e Porzuna, contando cunha superficie de 40.000 ha. Foi preservado da explotación agrícola dende os séculos XIII ao XVIII polos dereitos señorais, ata que estes foron abolidos en 1823 e deron lugar a grandes latifundios. En 1983 proxectouse a creación dun campo de tiro para o exército, o que motivou mobilizacións e trámites políticos que finalizaron coa declaración en 1995 de Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena. Iniciou a súa carreira teatral no grupo da Universidad Central de Caracas para despois participar na creación do Teatro de Arte de Caracas e do Nuevo Grupo. Entre as súas pezas hai que destacar Los insurgentes (1961), El día que me quieras (1979) ou Acto cultural (1976), peza a partir da que o Teatro da Mari-Gaila presentou un espectáculo homónimo en 1982, con dirección de Xulio Lago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo italiano de leite de vaca e ovella, é o máis antigo que existe do tipo pasta filata, documentado desde o século I. Para a súa elaboración o leite callado córtase en tiras que se introducen, primeiro en auga quente, e despois no propio soro do queixo, antes de amasalo á man e volvelo bañar. Dáselle forma de pera, cunha corda na parte aguda, para poder colgalo a madurar durante un tempo mínimo de tres meses; logo enfríase con auga, única diferenza respecto á elaboración do mozzarella. Conta con Denominación de Orixe. Existen outros queixos similares, italianos, coma o cacciotte e o provolone, e centroeuropeos, coma o kashkaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten cadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada pola sección de linguaxe administrativa dependente do Instituto da Lingua Galega (ILG) en Santiago de Compostela en 1986, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería da Presidencia e distintos concellos galegos, de acordo co convenio asinado o 20 de decembro de 1984. Dirixido fundamentalmente aos servicios municipais de normalización das distintas administracións locais, saíron cando menos tres números entre os anos 1986 e 1988: o primeiro caderno titulouse “Patrimonio e Bens”, o segundo “Contratación” e o terceiro “Urbanismo”. Neles incluíase documentación e modelos para a elaboración de informes técnicos e xurídicos dos servicios públicos, dos bens patrimoniais, ditames das comisións e dos plenos, certificados, acordos dos plenos e das alcaldías, acordos de iniciación para expropiación forzosa e para ocupación privativa de dominio público, anuncios de licitación de obras e trámites para a solicitude de obras, entre outros. Amais, ao final...

    VER O DETALLE DO TERMO