braquiación

braquiación

(< 2 braqui- + -ación)

s f [ANTROP]

Locomoción que se realiza mediante os brazos; en sentido restrinxido, movemento entre as árbores pendurándose das pólas colgando e balanceando o corpo. Distínguense dúas formas de locomoción braquial entre os primates. A braquiación típica, propia do xibón, que permite o salto aéreo dunha póla a outra, e a braquiación australopitecina, propia dos primeiros homínidos, que lles permitiría gabear polos troncos das árbores apoiándose nas pólas coa axuda dos brazos e das mans, o que constitúe unha adaptación máis xeneralizada co balanceo acrobático dos brazos.

Palabras veciñas

Braque, Georges | 1 braqui- | 2 braqui- | braquiación | braquiado -da | braquial | braquialxia