"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coronografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método radiolóxico que ten como finalidade facer visibles as dúas arterias coronarias e as súas ramas mediante a inxección, ao nivel do nacemento da aorta, dunha substancia de contraste utilizando técnicas de cateterismo cardíaco. Serve para pór de manifesto a aterosclerose da rede coronaria, as tromboses, as obliteracións, a estenose, o aneurisma e as cardiopatías isquémicas. Tamén se coñece como coronariografía ou arteriografía coronaria selectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato óptico deseñado e construído por Bernard Lyot en 1930, que permite o estudo da coroa solar e das protuberancias a plena luz do Sol, sempre que o aparato estea nun lugar suficientemente alto para diminuír o efecto da difusión da luz pola atmosfera.
-
PERSOEIRO
Poeta. Pertencente ao movemento beat, o seu estilo provocativo derivou nunha acentuada crítica social. Da súa produción destaca a novela American Express (1961), unha escolma poética publicada en 1962 e Herald of the Authochtonic Spirit (O mensaxeiro do espírito autóctono, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 12 de maio de 1895 baixo o subtítulo de “Semanario festivo coruñés”. Cesou ao mes seguinte da súa saída. Entre as súas páxinas hai composicións de Enrique Labarta, Xenaro Mariñas ou Eladio Rodríguez González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1921 apoiou o tratado anglo-irlandés de división de Irlanda e en 1922 foi nomeado presidente do Consello Executivo do novo Estado Libre de Irlanda. Sucedeuno na presidencia De Valera en 1932, pero mantívose como dirixente do partido Cumann na nGaedheal, daquela rebautizado como Fine Gael, denominación que recibiu ata 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rama da astronomía que se ocupa da descrición do Universo, na súa totalidade ou nalgunha das partes que o constitúen, a través de conceptos elementais do campo das matemáticas e da física.
-
Denominación coa que se designaba a xeografía na Antigüidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cosmografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estudia a cosmografía ou que ten un especial coñecemento nese campo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Orixe vinícola localizada na provincia de Lleida, na que existen catro subzonas. Os seus caldos máis apreciados son os brancos, os cavas e os tintos de Raimat. Nos últimos anos do s XX logrou algúns dos viños máis valorados polos especialistas, pertencentes a adegas como Castell de Remei, L’olivera ou Raimat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regra enunciada en 1952 por Donald J. Cram que predí o diastereómero que se forma en maior cantidade nunha reacción de adición (reacción de Grignard, redución con hidruro metálico, etc) cando se crea un centro simétrico adxacente a outro xa existente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Algarismo que permite achar as solucións dun sistema de n ecuacións lineais con n incógnitas, sempre que o determinante da matriz formada polos coeficientes das incógnitas teña un valor non nulo.
-
GALICIA
Pintor. Comezou a súa actividade pictórica en 1980. A súa obra é naïf e reflicte de xeito detallista temas folclóricos e populares de Galicia. Dende o ano 1988 expuxo en Madrid, Málaga, Asturias e en distintas mostras colectivas en Galicia. Obtivo a mención honorífica no Concurso de Pintura Naïf da Fundación Barrié de la Maza en 1982. Ten obras nos museos internacionais de arte naïf en Luzara (Italia) e Guimarães (Portugal).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir en caracteres secretos.
-
-
Tipo de escritura empregado desde a Antigüidade en distintas culturas, elaborado a partir dun sistema de signos que responden a un código privado, para restrinxir a comprensión dunha mensaxe dada a un grupo específico de receptores coñecedores do código en cuestión. O termo designa tamén a disciplina que estudia os diferentes sistemas que se poden empregar para codificar unha mensaxe. Existen tres sistemas básicos de escrituras secretas: as invisibles, feitas con tintas simpáticas; as convencionais, baseadas no uso de elementos xa convidos que producen un efecto diferente ao da comunicación real do texto; e os cifrados, baseados na transposición de letras, sílabas ou calquera elemento do texto, ou ben na súa substitución por outros, segundo unhas equivalencias expresadas nunha táboa ou clave. En concreto, establece tres tipos de estratexias: as chamadas claves de ocultación, que camuflan as palabras da mensaxe que impiden o acceso xeneralizado ao seu...
-
Ciencia que estudia o xeito de cifrar e descifrar mensaxes para que resulte imposible coñecer o seu contido sen unhas claves predeterminadas. No mundo informático o uso de técnicas criptográficas é frecuente, especialmente no envío de documentos a través de diferentes redes, como a Internet, ou no almacenamento de información. Tamén no sector das telecomunicacións se acostuma cifrar sinais, como as de certas canles de televisión, para que estas non se poidan ver a non ser que se dispoña do receptor descodificador axeitado.
-
-
-
Relativo ou pertencente á criptografía.
-
Que resulta escuro ou enigmático.
-
-
-
Persoa que practica a criptografía.
-
Máquina que se utiliza para cifrar e descifrar textos.
-
-
-
Texto ou palabras escritas en caracteres secretos. Normalmente, trátase dun texto composto a partir dun código privado previamente fixado que restrinxe a súa comprensión a un grupo de receptores informados das claves que se empregaron no seu proceso de elaboración. É frecuente o seu uso na literatura con distintas finalidades, entre outras ocultar o nome do autor, do destinatario ou do lugar e data de composición dunha obra, de maneira que só sexa accesible para quen descifre o código. Unha estratexia habitual para disimular mensaxes é a agrupación das súas letras en grupos de dous ou de tres, que alteran a estrutura esperada e provocan a confusión nun receptor non iniciado.
-
Texto ou datos difíciles de descifrar ou de comprender.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de escritura feita con letras de ouro.