"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘social’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente evolutiva, desenvolvida por E. O. Wilson, que está enmarcada dentro do neodarwinismo. A interpretación que fai da xerarquía existente na maior parte das sociedades animais (incluída a do home), ás que se atribúe unha causa xenética, fundaméntase en que os mellores individuos son os que mandan e os menos bos os que obedecen, debido a un proceso de selección natural. As bases da sociobioloxía están en desacordo coa xenética moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cultura propia dun grupo social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás condicións sociais e económicas dunha colectividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica dos resultados obtidos en sociometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en sociolingüística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da lingüística que estuda as relacións entre lingua, cultura e sociedade. O enfoque sociolingüístico é, en primeiro lugar, situacional. O ámbito de uso dunha forma ou variedade é o conxunto de ocasións en que é usada, e expresa a posición, a extensión e a distribución relativas dentro dos sistemas socioculturais. Ademais de ámbitos lingüísticos, hai ámbitos de comunicación; e a imbricación entre uns e outros é un fenómeno universal. A imbricación sociolingüística implica tanto a complexidade sociocultural interna (distribución) dos ámbitos lingüísticos como a diferenciación lingüística (diversidade ou variación) dos ámbitos de comunicación. A sociolingüística moderna emerxe como paradigma cara ao 1953 e comeza a cristalizar nunha disciplina contra a década de 1970. Aínda que, a partir do precursor Uriel Weinreich, o núcleo inicial máis importante foi estadounidense (J. Fishman, Ch. Ferguson, W. Labov, E. Haugen, J. Gumperz, D. Hymes, S. Ervin-Tripp, S. Lieberson e outros) houbo tamén...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sociolingüística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en socioloxía.
-
-
Ciencia social que ten por obxecto o estudo racional e crítico da sociedade humana. Investiga a dimensión social do home, tanto no aspecto permanente (grupos, institucións e estruturas sociais) como no aspecto dinámico (tensións, conflitos, transformacións). Estuda, en calquera nivel da realidade social, conxuntos complexos de fenómenos sociais, interconectando zonas diferentes de causación (factores demográficos, económicos, políticos) para poder explicalos de forma científica. Coa Ilustración e co triunfo das revolucións burguesas elaboráronse os primeiros programas para estudar a sociedade. Os principios (A. Comte, H. Spencer) caracterizáronse pola construción de teorías moi xerais da sociedade, imbuídas de positivismo, evolucionismo e confianza no progreso. A tarefa consistiu na institucionalización da disciplina e na crítica da fase dogmática e idealista. Tönnies, Pareto, Durkheim, Weber e Simmel trataron de dilucidar a natureza da gran transformación do mundo producida polo capitalismo...
-
Disciplina que trata das determinacións sociais dos contidos da consciencia. Pode atoparse a súa orixe no mito da caverna de Platón como mostra da dificultade da interpretación do mundo. Francis Bacon dicía que a comprensión de acontecementos estaba condicionada por prexuízos. A Ilustración e os seus sucesores enfatizaron a influencia nociva da ideoloxía sobre o coñecemento. Marx e Engels introduciron a noción da distorsión que operan os intereses de clase sobre o saber e coñecemento. Durkheim viu na estrutura social os fundamentos dos conceptos elementais mediante os que o individuo elabora a súa interpretación da realidade. Na liña da teoría marxista, K. Mannheim e G. Lukács intentaron establecer as súa bases como disciplina autónoma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á socioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que interpreta a realidade, particularmente a humanopsicolóxica e histórica, desde un punto de vista sociolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método encamiñado a establecer a medida social grazas á estatística das apreciacións obtidas por medio de test sociométricos, a través dos que se analizan as atraccións, repulsións ou indiferenzas entre os individuos dun grupo restrinxido en función de criterios determinantes. Foi creada por J. L. Moreno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terapia que tende a reducir os trastornos mentais mediante a interacción do individuo e o medio social en que se atopa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénese e formación da psique a partir dos condicionamentos e determinantes sociolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estuda a socioxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
célula flamíxera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade fitocenolóxica inferior á asociación, que se caracteriza por un grupo de especies diferenciais, que son menos frecuentes ou faltan nas outras subasociacións das que consta a asociación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partenoxénese en que só se producen femias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en Arxentina en 1917, e dirixida por Francisco S. Martínez, integrada por emigrantes ourensáns, dos que algún xa militara no agrarismo. Os seus obxectivos coincidían cos das Irmandades da Fala, aínda que non se declararon especificamente nacionalistas, senón rexionalistas.