"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • GALICIA

    Político e xadrecista. Primeiro alcalde nacionalista da Coruña (1979-1981), foi deputado do Parlamento Galego e portavoz de Unidade Galega tras a súa creación (1992). Ocupou diversos cargos no Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, do que foi secretario xeral. En 1992 promoveu a creación de Unidade Galega, organización que se integrou no BNG, e desde 1994, é membro do consello nacional e da permanente do BNG e deputado no Parlamento Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lago en que se produce meromixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de circulación vertical de toda a columna de auga dun lago, que provoca que haxa unha capa profunda de auga que só se mestura en raras ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División en segmentos dunha unidade biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de coloración de superficies metálicas por recubrimento cun óxido metálico, sexa por electrodeposición ou por oxidación da superficie do metal tratado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da teoría económica que estuda as unidades de decisión individuais, consumidores ou empresas, e o xeito en que estas decisións afectan ao prezo e ás cantidades dos bens e factores de produción. O seu concepto central é o mercado e supón a existencia da competencia perfecta. Son considerados casos especiais as situacións de competencia imperfecta ou monopolista. A análise microeconómica, fundamentalmente estática, foi iniciada polo marxinalismo, dando unha grande importancia ao estudo do equilibrio xeral de todos os mercados da economía. Trata tamén das condicións necesarias para que a economía chegue ao equilibrio xeral e das consecuencias do cambio nas variables dun mercado particular ou dun grupo de mercados (Léon M. E. Walras, Lev A. Leont’ev). Na análise do equilibrio parcial considera soamente os efectos da alteración dunha variable sobre o mercado considerado (A. Marshall). Na análise microeconómica marxinalista a determinación da renda dos individuos depende do proceso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo microscópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación dun mioma. No caso dun mioma uterino, realízase por vía vaxinal ou abdominal, sempre respectando o útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disección cirúrxica dun músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Concelleiro e voceiro do concello do Carballiño (1979) e deputado provincial por Ourense (1979-1987), foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), para pasar a Coalición Galega (1985-1989) ata a súa incorporación ao Partido Popular-Centristas de Galicia (1990-1993) e logo ao PP (1993-1997). Nomeado director xeral de Turismo (1997), pasou á Secretaría Xeral de Comunidades Galegas (2001) para, desde xaneiro de 2003 ocupar o cargo de conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior. Foi relator de numerosas leis, das que destacan a de Normalización Lingüística. Impulsor da Fundación Galicia Emigración, recibiu o doutor honoris causa pola Universidad de Buenos Aires (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Campo de Criptana, Ciudad Real 1934) Dramaturgo. Licenciado en Dereito (1956), o seu teatro, centrado nos conflitos sociais de personaxes marxinados, aproxímase ao estilo de Valle-Inclán ou Buero Vallejo. Vicepresidente da Asociación de Autores Teatrales, pertence ao consello de redacción da revista Primer Acto. Da súa produción cómpre salientar La Saturna (1973), De San Pascual a San Gil (1974, Premio Lope de Vega 1975), Las alumbradas de la Encarnación Benita (1979, Premio Tirso de Molina 1980) e El libro de Salomón (1994, Premio Ciudad de San Sebastián). Coas súas obras Una familia normal (1999) e Gente que prospera (1999) recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica na membrana timpánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionarios carolinxios delegados polo monarca para vixiar a administración e o cumprimento das leis civís e eclesiásticas. Instituídos por medio dun capitular do 802, xulgaban en última instancia as cuestións xurídicas máis graves e controlaban os impostos e os traballos públicos. Desapareceron a comezos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mixomicetos.

    2. Organismo do grupo dos mixomicetos.

    3. Grupo de organismos protistas, a miúdo incluídos sistematicamente dentro dos fungos con categoría de clase. Viven en lugares sombríos e húmidos dos bosques, sobre madeira ou outros materiais orgánicos en descomposición. Carecen de parede celular e na fase vexetativa preséntanse como masas protoplasmáticas plurinucleadas, denominadas plasmodios, que reptan sobre o substrato e se alimentan de microorganismos e de partículas orgánicas diversas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mixomicotos.

    2. Organismo do filo dos mixomicotos.

    3. Filo de organismos protistas heterótrofos, sen parede celular, a maioría saprófitos, que no seu ciclo vital pasan por unha fase ameboide durante a que se alimentan por fagocitose ou ben por absorción. Reprodúcense mediante esporas que se orixinan en esporanxios aéreos. Comprende a clase dos protosteliomicetos e a dos mixomicetos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mizostómidos.

    2. Anélido da orde dos mizostómidos.

    3. Orde de anélidos, da clase dos poliquetos, que alcanzan ata 3 mm de lonxitude e presentan corpo discoidal, redondeado ou elíptico, coa cara dorsal lisa, e a boca situada ventralmente e rodeada de ventosas que lles serven para suxeitarse aos crustáceos hospedeiros que parasita. Son parasitos de crustáceos e crinoideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cadáver embalsamado polos antigos exipcios.

      2. Cadáver que se pode conservar indefinidamente, a causa dun proceso de desecación ou ben pola maneira de enterralo.

      1. Persoa moi delgada.

      2. Persoa que queda parada, contemplando algo como aparvada e sen iniciativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de momificar ou momificarse.

    2. Proceso de transformación dun cadáver en momia. Foi unha práctica habitual entre os antigos exipcios e outros pobos, como os precolombinos e os guanches. En Exipto a súa finalidade era deter a corrupción do corpo, sede da ánima, que o necesitaba para existir. O número de operacións do proceso variaba en función da clase de momificación practicada. A máis complexa comprendía: a extracción das vísceras torácicas, abdominais e do cerebro, volvendo encher as cavidades baleiradas con natrón seco; a deshidratación do corpo por medio de natrón, co que se recubría o cadáver; o lavado do corpo con auga; o enchido definitivo das cavidades abdominais, torácica e cranial con liño e resina ou outros produtos; a unción do cadáver con aceite de cedro e diversos produtos; e a colocación das vendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un cadáver en momia desecando os seus tecidos para que poidan resistir a putrefacción.

    2. Converterse en momia.

    VER O DETALLE DO TERMO