"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural fundada en Santiago de Compostela en 1894 baixo a presidencia de Acisclo Sainz Díez. Os seus fins son culturais e recreativos. A súa sede conta, entre outras instalacións, cunha biblioteca, un salón de xogos e unha sala de televisión. Está presidido por Pablo Nine Oubiño e pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade nacida en Vigo en 1965 da fusión de dúas entidades recreativas, unha delas formada por médicos e a outra por emigrantes de orixe ourensá procedentes de México. O seu primeiro presidente foi o doutor Pardo Fabeiro. Entre 1975 e 1993 ocupou a presidencia Bieito Ledo Cabido. Neste período, o Círculo converteuse nun lugar de dinamización cultural na cidade viguesa, onde se daban conferencias e impartían cursos de galego, xunto con representacións teatrais e reunións sindicais. A súa sede era o lugar de encontro, entre outros, das Xuventudes Musicais e do grupo de teatro Artello. En 1978 naceron no seu seo os Premios da Crítica que organizou ata 1992. Ademais desenvolvéronse actividades relacionadas co Día das Letras Galegas como a Romaría de Castrelos, co apoio das asociacións de veciños. Durante este período participaron na súa xunta directiva, entre outros, Francisco Carballo Carballo, Xurxo Torres, Víctor F. Freixanes, Xosé A. Perozo, Mª Xosé Porteiro, Xesús Franco, Francisco Matecón,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
circun-.
-
-
Relativo ou pertencente á provincia circumboreal.
-
Provincia bioxeográfica da rexión boreoalpina, no N das rexións eurosiberiana, norteamericana occidental e norteamericana oriental, entre a provincia ártica, no N, e o límite meridional da taiga, no S. O clima xeral é o bosque de aciculifolios ou taiga. Algúns autores tamén inclúen os pisos subalpinos de coníferas das montañas medioeuropeas e norteamericanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compenetración das persoas da Trindade a causa da natureza divina única.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado arredor dun polo terrestre ou celeste. Ex: Constelación circumpolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘arredor de’. OBS: Pode presentar o alomorfo circum-. Ex: circumpolar, circuncentro, circunnavegación.
-
-
Relativo ou pertencente aos circuncelións.
-
Individuo do movemento dos circuncelións.
-
Movemento de cariz social e político, formado no N de África por grupos de campesiños oprimidos que durante os ss IV e V d C, resistiron contra o poder romano e a Igrexa Católica. Afiliados á seita donatista, tomaron o título de Milites Christi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro da circunferencia circunscrita a un triángulo que pasa polos seus tres vértices. Obtense pola intersección das tres mediatrices dos lados do triángulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Practicar a circuncisión.
-
-
Excisión total do prepucio. Practícase de forma terapéutica contra a fimose, e como ritual en numerosos pobos (agás nos pobos indoeuropeos e mongólicos, entre outros). Tivo unha importancia especial como manifestación relixiosa entre xudeus e musulmáns. A orixe desta práctica é descoñecida, pero cabe pensar que se remonta a épocas moi remotas. Entre os xudeus, probablemente se deu por influencia exipcia. Axiña se interpretou como sinal de alianza e como distintivo fronte a outros pobos, especialmente os filisteos. Trátase, en xeral, dun rito de iniciación a través do que se accede á categoría de adulto ou se integra nun determinado grupo social ou relixioso.
-
Extirpación do clítoris e, ocasionalmente, do labio superior da vulva das mulleres, que se realiza nalgunhas culturas como rito de iniciación á vida adulta.
-
Festa que celebra a circuncisión de Xesús, practicada oito días despois da Natividade, xunto coa imposición do seu nome. Ata a reforma do calendario de 1969 dáballe nome á festa do 1 de xaneiro. OBS: Normalmente, escríbese con maiúscula.
-
-
-
de circuncidar.
-
Que ou quen foi sometido á circuncisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Supceptible de ser circuncidado.
-
-
de circundar.
-
circundo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que circunda algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estar ou poñerse ao redor de algo ou alguén.
-
-
Porción de terreo rodeada dun valado dentro dunha propiedade.
-
Perímetro ou contorno dun terreo.
-
Terreo que rodea unha casa.
-
-
-
Liña curva e cerrada que une todos os puntos dun plano, situados á mesma distancia dun punto dado (centro). Esta distancia entre o centro e cada punto da circunferencia é constante e denomínase radio. Nunha referencia cartesiana normal, a ecuación da circunferencia de centro (a,b) e radio r é (x-a) 2 +(y-b) 2 -r 2 =0. A súa lonxitude vale 2πr.
-
Obxecto que ten forma de circunferencia.
-
-
-
-
Que ten forma de arco.
-
Aplícase á arteria ou ao nervio con forma de arco.
-
-
Aplícase ao acento gráfico en forma de uve invertido (^) empregado nalgunhas linguas, como o portugués (português, vês) ou o francés (château, bientôt), para indicar contracción, lonxitude ou valor diacrítico
-
Aplícase ao acento musical do grego antigo consistente nun ton crecente seguido dun ton decrecente, e que se representa graficamente cun til (?) colocado sobre a vogal correspondente. Ex: δ8μος.
-
Aplícase ao verso caracterizado por unha melodía que consta dunha primeira parte ascendente, seguida doutra descendente, divididas por unha cesura, que marca o clímax. Constitúe un resto do verso primitivo, salmodiado ou cantado. O signo que representa o acento circunflexo (^) simboliza a curva melódica da fórmula. OBS: O x pronúnciase [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está espallado derredor.