circunferencia

circunferencia

(< lat circumferĕntia)

  1. s f [MAT]

    Liña curva e cerrada que une todos os puntos dun plano, situados á mesma distancia dun punto dado (centro). Esta distancia entre o centro e cada punto da circunferencia é constante e denomínase radio. Nunha referencia cartesiana normal, a ecuación da circunferencia de centro (a,b) e radio r é (x-a) 2 +(y-b) 2 -r 2 =0. A súa lonxitude vale 2πr.

    Confrontacións: círculo.
  2. s f

    Obxecto que ten forma de circunferencia.

Palabras veciñas

circundante | circundar | circundo | circunferencia | circunflexo -xa | circunfuso -sa | circunlocución