círculo
(
-
[MAT]
-
s
m
Conxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é menor ou igual a un segmento dado, denominado radio.
-
círculo goniométrico
Circunferencia de radio unidade na que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo como o seno, o coseno ou a tanxente.
-
círculo máximo dunha esfera
Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano que pasa polo seu centro.
-
círculo menor dunha esfera
Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano calquera que non pase polo seu centro.
-
círculo de curvatura/círculo osculador
Círculo no que o seu centro e o seu radio son o centro e o radio de curvatura dunha curva nun punto dado.
-
cuadratura do círculo
Determinación da superficie dun cadrado equivalente á dun círculo dado; demostrouse a imposibilidade de establecela.
-
s
m
-
s
m
-
Liña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.
Ex: O avión fixo un círculo ó redor do estadio.
Sinónimos: circo. -
Conxunto de persoas ou de cousas colocadas ao redor dun centro, que fan unha liña curva. Ex: As pedras estaban dispostas en círculo.
Ex: As pedras estaban dispostas en círculo.
-
-
s
m
Grupo de persoas que comparten unha determinada actividade ou afección. Ex: Goza dunha gran reputación entre o círculo de literatos.
Ex: Goza dunha gran reputación entre o círculo de literatos.
-
s
m pl
Conxunto das persoas ou das cousas que forman o ambiente ou o espazo co que se ten unha ligazón.
Ex: É moi difícil conseguir información se non pertenceces a determinados círculos.
-
s
m
-
[INST]
Asociación de carácter cultural, recreativo ou deportivo sen ánimo de lucro, similar aos clubs, centros, casinos ou ateneos. Algúns círculos teñen unha finalidade determinada, tal e como acontece cos círculos de belas artes. A maioría deles creáronse ao longo do s XIX e os seus socios pertenceron, nun primeiro momento, aos grupos sociais máis enriquecidos. En Galicia creáronse no s XIX o Círculo de Artesanos da Coruña (1847), o Círculo de Recreo de Lalín (1852), o Círculo das Artes (1855), o Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (1891) e o Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela (1894). Ao longo do s XX fundáronse, entre outros, o Círculo Mercantil e Industrial de Ferrol (1916), o Círculo Recreativo de Artesanos de Ourense (1934), o Círculo Mercantil e Industria de Fene (1951), o Círculo Recreativo Cultural de Porriño (1956), o Círculo Cultural y Recreativo Saviñao de Escairón (1958), o Círculo Mercantil de Xubia, o Círculo Marítimo Deportivo de Vilanova de Arousa (1963), o Círculo Cultural y Recreativo de Chapela (1967), o Círculo Artístico Deportivo de Carril e o Círculo Mercantil de Ribeira.
-
[POLÍT]
Agrupación política ligada a un partido ou tendencia política. Entre os círculos que existiron en Galicia están o de Ferrol, fundado en 1911 e que funcionou como partido conservador, o Círculo de la Juventud Maurista de Santiago de Compostela (1913), o Círculo Maurista da Coruña ou os Círculos Doctrinales de José Antonio Primo de Rivera.
-
Edificio ou local sede destas asociacións.
-
círculo de obras católicas
[POLÍT]
Agrupación confesional de traballadores que tiña como principal obxectivo atender as necesidades relacionadas cos seguros mutuos, a instrución, o lecer, a procura de emprego, o fomento do aforro e a cooperación, ademais da formación relixiosa, dirixida por un crego consiliario. Os primeiros círculos de obreiros galegos en constituírse foron os de Pontevedra e Mondoñedo en 1893, despois creáronse os de Ferrol e A Coruña en 1894, o de Santiago de Compostela en 1896 e o de Ourense en 1900. Os círculos decaeron ao estenderse a acción social católica.
-
[INST]
-
[METROL]
-
círculo acimutal
Aparello usado a bordo dunha embarcación para calcular a marcación doutro barco ou dun punto da costa ou o acimut dun astro. Empréganse nalgunhas embarcacións de pesca ou deportivas, xa que nos barcos se substituíron polos taquímetros.
-
círculo de reflexión
Instrumento astronómico e náutico usado para observar as alturas dos astros e, tamén, para medir ángulos horizontais e verticais. Difire do sextante polo feito de que pode servir para medir ángulos máis grandes, xa que ten un círculo graduado de 360°. Emprégase en traballos hidrográficos.
-
círculo meridiano
Telescopio especialmente adaptado para medir a posición e a hora de paso das estrelas polo meridiano, que consiste nunha lente que se move no plano do meridiano do observador. Nestas condicións, a hora sideral de paso polo meridiano é igual á ascensión recta da estrela considerada, e a altura aparente dá directamente a declinación.
-
círculo mural
Instrumento usado antigamente para medir a declinación das estrelas. Consistía nunha lente que podía xirar ao redor dun eixe horizontal fixado moi solidamente nunha parede vertical. As rotacións da lente viñan determinadas pola lectura dun círculo graduado marcado na parede.
-
círculo acimutal
-
círculo circuncenital
[METEOR]
Fenómeno de halo consistente nun círculo de 4° ata 30° de radio, que ten o seu centro no cénit; está fortemente colorado coas cores do arco da vella, co vermello na parte exterior.
-
círculo cultural
[ANTROP/CULT]
Concepto desenvolvido nos anos trinta polos etnólogos F. Graebner e W. Schmidt, comparable ao de área cultural, aínda que dun alcance moito máis amplo, mediante o que se clasifican as diferentes culturas a partir de analoxías e diferencias constatadas en obxectos e institucións. Desta clasificación resultan uns círculos cunha serie de características culturais diferenciadoras, e a partir delas orixinouse todo un conxunto de culturas que presentan o mesmo tipo de desenvolvemento cultural (difusionismo).
-
círculo de cor
[IND/ARTE]
Cores do espectro representadas nun círculo, de xeito que cada cor aparece colocada en fronte da súa complementaria.
-
círculo de influencia
[XEOL]
Base do cono de depresión que se xera ao redor dun pozo que se explota.
-
círculo de razas
[BIOL]
Conxunto de subespecies ou de razas que forman unha especie politípica. Unha especie ocupa unha área mediante a formación dun conxunto ou círculo de razas que se adaptan ás distintas condicións locais de ambiente.
-
círculo de vexetación
[XEOL/BOT]
Unidade superior da sistematización fitosociolóxica que inclúe a totalidade de unidades inferiores que viven nunha rexión bioxeográfica determinada.
-
círculo lítico
[PREHIST]
Construción megalítica formada pola disposición en círculos de pedrafitas ou menhires.
-
círculo máxico
[ESOT]
Círculo debuxado na terra, no centro do que se coloca o mago para invocar e conxurar os espíritos.
-
círculo polar
[XEOG]
Cada un dos paralelos terrestres situados a 23° 28’ do Polo Norte (Círculo Polar Ártico) e do Polo Sur (Círculo Polar Antártico), é dicir, a unha latitude de 66° 32’ N e S.
-
círculo vicioso
-
Razoamento ou definición co que se tenta explicar dúas cousas reciprocamente, unha por outra.
-
Situación que non se pode resolver xa que existen dúas circunstancias que son á vez causa e efecto unha da outra.
-