2 circular

2 circular

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao círculo. Ex: O problema consistía en calcular unha superficie circular.

    Ex: O problema consistía en calcular unha superficie circular.

  2. adx

    Que ten forma de círculo ou de circunferencia.

    Ex: O edificio ten planta circular.

  3. s f
    1. Carta con copias dirixidas a diferentes persoas e cunha mesma redacción.

    2. [DER]

      Forma externa que reviste a resolución ou disposición administrativa ditada por calquera órgano da administración xerarquicamente inferior ao ministro e, nas comunidades autónomas, inferior ao conselleiro. O seu obxectivo é a organización interna e o funcionamento dos servicios dependentes.

  4. s m

    Autobús urbano que realiza un traxecto semellante a unha circunferencia.

  5. circular de cordón [PAT]

    Anomalía da posición do cordón umbilical que consiste nun enrolamento do cordón arredor dunha parte do corpo fetal, como o pescozo ou un membro, no momento do parto.

Palabras veciñas

Circulador, El | circulante | 1 circular | 2 circular | circularidade | circulatorio -ria | círculo