"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Etnólogo e psicanalista. Estudiou en París e doutorouse en Antropoloxía en California. Realizou traballos de campo sobre os indios hopis (Arizona), os mohaves (California) e os sedang moi (Vietnam), que se caracterizan pola aplicación da teoría psicanalítica ao estudo etnolóxico. Está considerado como un dos fundadores da etnopsiquiatría; escribiu, entre outras obras, Reality and Dream: The Psychotherapy of a Plains Indian (A psicoterapia dos indios claros, 1951) e Essais d’ethnopsychiatrie générale (Ensaios de etnopsiquiatría xeral, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante norteamericano. Participou na Guerra de Secesión, coa flota nordista, e comandou a escuadra norteamericana do Pacífico durante a guerra entre España e os EE UU, na que aniquilou a escuadra española en Manila (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
enxergar.
-
PERSOEIRO
Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Pavlovič D’agilev.
-
PERSOEIRO
Etnólogo portugués. Foi profesor da facultade de Letras de Coimbra e de Lisboa e, entre 1944 e 1946, foi lector de lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Contribuíu á precisión terminolóxica da ciencia etnográfica. Entre os seus traballos, destacan Las construciones circulares del Noroeste de la Península Ibérica y las Citanias e Acêrca das origens dos arados (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora hondureña. Colaboradora dos xornais La Tribuna e Diario de Centroamérica, publicou, entre outras obras, Luz en la senda (1935) e Peregrinaje (Premio Latinoamericano de Novela 1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Moi relacionado co teatro independente do seu país, especialmente co grupo ICTUS, é autor de pezas como El cepillo de dientes (1961), Requiem por un girasol (1961), ou El mundo ciego (1961), encadrables no chamado teatro absurdista latinoamericano. Moitas das súas obras, especialmente as escritas en España, como Topografía de un desnudo ou América caliente, caracterízanse por un forte compoñente crítico. Nesta etapa centrouse no teatro para nenos. En galego publicouse, en 1973, a peza infantil Os anxos cómense crús, con tradución de Daniel Cortezón e representada por numerosos grupos (Os Cigurros, en 1974; Tespis e Lume, en 1975; Mahía, 1977, e Os Gaiteiriños, en 1980). Por outra parte, a finais dos setenta, O xeneraliño foi representada por Máscara 17 e A pancarta polo mesmo grupo e por Histrión 70.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Theodoricus Teutonicus de Vrieberg.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Formouse na Art Students’ League de Nova York e, durante a década dos trinta, achegouse ao neoplasticismo de Mondrian que tamén o levou á escultura. Pertenceu ao American Abstract Artists e presidiu a división mural do Federal Art Project.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro fundador do Partido Socialdemócrata de Traballadores Búlgaros (1902), máis tarde Partido Comunista (1919), dirixiu a insurrección antifascista búlgara (1923), feito que provocou o seu exilio a Viena e Berlín. En 1933 detivérono, acusado do incendio do Reischtag. Liberado en 1934, trasladouse a Moscova, onde foi nomeado secretario xeral da Internacional Comunista. Durante a Segunda Guerra Mundial regresou a Bulgaria e dirixiu a loita antifascista. Tralas eleccións de 1946 e a proclamación da República Popular de Bulgaria, foi elixido primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de consulta e de iniciación á Antigüidade cristiá referida especialmente ao culto, á arqueoloxía e á epigrafía. Publicado en trinta volumes (1903-1953), iniciouno F. M. Cabrol en París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Christian-Emil-Maries Küpper.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Cultivou o retrato feminino e a pintura decorativa. Foi conservador do Museé Jacquermart-André (1956) e membro da Académie des Beaux-Arts. En 1913 recibiu o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. As súas novelas La vie tranquille (A vida tranquila, 1944), Un barrage contre le Pacifique (Un barco contra o Pacífico, 1950), Le marin de Gibraltar (O mariñeiro de Xibraltar, 1952) e, sobre todo, Moderato Cantabile (1958) tratan de contar, de maneira aparentemente informal pero con rigor clásico, a excepcionalidade dun momento. Con Hiroshima mon amour (Hiroshima meu amor, 1960) iniciou unha serie de obras onde manexa as técnicas do teatro, da pantalla e da novela, entre as que figura L’amant (O amante, 1984), premio Goncourt, froito dunha segunda versión posterior (1992). Publicou un libro de artigos Outside (Fóra, 1984) e numerosas obras de teatro. Algunhas das súas obras foron levadas ao cine ou ao teatro, como Moderato Cantabile, Hiroshima mon amour, Dix heures et demie du soir en êté (As dez e media da tarde no verán), Le square (A praza, 1956), Des journées entières dans...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor austríaco. Entre as súas obras destacan a decoración da escalinata do castelo de Mirabell (Salzburgo, 1725), o grupo San Martín e o pobre (Bratislava, 1735?), a Apoteose de Carlos VI (Viena, 1734) e as figuras da fonte do Mehlmarkt (Viena, 1737-1739). Coa súa obra, a escultura retornou ás formas clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roland Lécavelé.
-
PERSOEIRO
Militar e técnico aeroespacial alemán. En 1935 planificou a instalación de ensaio de Peenemünde, de onde naceron os mísiles A4 (2). Ascendido a xeneral, foi xefe do programa de armas V e foguetes antiaéreos. Acabada a Segunda Guerra Mundial, foi asesor en materia de mísiles da US Air Force, e posteriormente conselleiro da Bell Aircraft Corporation. Defendeu o voo con transportadores recuperables, a diferenza de Wernher von Braun.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Membro do Parti Radical, foi deputado (1893-1910), senador (1910) e presidente do Senado (1923). Ocupou, entre outros, os ministerios de Colonias (1902-1905; 1914-1917), Comercio e Traballo (1906-1908), Instrución Pública (1909) e Relacións Exteriores (1914). Foi presidente da República en dúas ocasións: entre 1924 e 1931 e en 1934, cando formou un goberno de unidade nacional.
VER O DETALLE DO TERMO