Díaz, Jorge

Díaz, Jorge

Dramaturgo. Moi relacionado co teatro independente do seu país, especialmente co grupo ICTUS, é autor de pezas como El cepillo de dientes (1961), Requiem por un girasol (1961), ou El mundo ciego (1961), encadrables no chamado teatro absurdista latinoamericano. Moitas das súas obras, especialmente as escritas en España, como Topografía de un desnudo ou América caliente, caracterízanse por un forte compoñente crítico. Nesta etapa centrouse no teatro para nenos. En galego publicouse, en 1973, a peza infantil Os anxos cómense crús, con tradución de Daniel Cortezón e representada por numerosos grupos (Os Cigurros, en 1974; Tespis e Lume, en 1975; Mahía, 1977, e Os Gaiteiriños, en 1980). Por outra parte, a finais dos setenta, O xeneraliño foi representada por Máscara 17 e A pancarta polo mesmo grupo e por Histrión 70.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rosario, Arxentina