"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saponina que se extrae da hedra e que se emprega en medicina coma excitante e emenagogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porfirina que aparece na urina como resultado do catabolismo da hemoglobina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento respiratorio dalgúns invertebrados que participa transportando osíxeno na respiración celular. É unha proteína que contén un grupo prostético con ferro, diferente do grupo hemo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo ferro-proteína, responsable do almacenamento de gran parte do ferro do organismo e que se atopa na maioría dos tecidos, bazo, medula espiñal e, especialmente, fígado. Tamén se pode formar en antigos focos hemorráxicos e nos tecidos en determinados estados patolóxicos, cardiopatías ou diversas enfermidades crónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mucopolisacárido natural presente en todos os vertebrados; nos mamíferos atópase, en maiores cantidades, no fígado, pulmón e intestino. Non existe heparina circulante en condicións normais. Formada por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glicosamina e ácido D-glucurónico, cun alto peso molecular e con forte carga negativa. Atribuénselle efectos de anticoagulante-antitrombina e antitrombótica. Actúa como cofactor da antitrombina III plasmática, anticoagulante natural con capacidade de neutralizar algúns dos factores activados da coagulación. Por manipulación química ou enzimática conséguese a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, con baixa ou nula actividade antitrombina pero que conserva toda a actividade antitrombótica por ser inhibidora sobre o Factor X activado. A heparina fraccionada é moi utilizada en medicina, xa que a actividade antitrombótica se exerce máis precozmente e se reducen as complicacións de sangrado, características da heparina...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Katherine Houghton Hepburn.
-
SEMANARIOS
Semanario comarcal editado a partir de 17 de outubro de 1911 en Verín. Subtitulouse “Semanario defensor de los intereses del distrito”. Dirixido por Laureano Peláez e Eladio Fuentes, incluía artigos de información comarcal e política, datos de divulgación agraria e colaboracións literarias. Puido ter unha segunda época de edición entre 1945 e 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento desmesurado dos prezos que provoca unha desvalorización do diñeiro e , como consecuencia, unha preferencia xeral pola adquisición de bens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de hipersecreción de insulina por parte do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura similar a unha lingua, situada na cavidade bucal dos artrópodos, e na base da que se abre o coduto salival.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo de Suabia pertencente aos Hohenzollern, formado en 1575 polo conde Eitel Federico I sobre a localidade de Hechingen. Trala abdicación do príncipe Federico Guillerme II en favor do rei de Prusia (1849), incorporouse á coroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo de Suabia. O conde Carlos I de Hohenzollern mercoulle aos Austrias o Condado de Sigmaringen (1534) e, trala unión do Condado de Veringen, pasou ao seu fillo Carlos II coa denominación de Hohenzollern-Sigmaringen (1575). Os seus descendentes gobernaron neste territorio ata que o príncipe Carlos Antonio I de Hohenzollern-Sigmaringen renunciou á soberanía en favor do rei de Prusia que o incorporou á coroa (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe prusiano. Casou (1861) coa princesa Antonia de Portugal. Este matrimonio e o feito de ser católico favoreceron a súa candidatura á Coroa de España (1868), pero non prosperou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica estadounidense. Coñecida como Katharine Hepburn, recibiu catro Oscar ao longo da súa carreira pola súa interpretación en Morning Glory (1933), Guess who’s Coming to Dinner (1967), The Lion in Winter (1968) e On Golden Pond (1981). Interpretou personaxes dramáticos, cómicos e traxicómicos. Entre outros filmes nos que participou destacan, The Philadelphia Story (1940), The African Queen (1952), The Madwoman of Chaillot (1968), The Ultimate Solution of Grace Quigley (1984) ou Love Affair (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que todo punto do espazo ao cal chega unha onda, convértese nun novo foco emisor de ondas secundarias, de maneira que a onda que vai avanzando é a resultante das producidas polos puntos que xa sobrepasou. Coa axuda deste principio, propuxo a teoría ondulatoria da luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio enunciado por Fresnel en 1816 que permite explicar os fenómenos de difracción da luz e que é unha modificación do principio de Huygens. Consiste en supoñer que as ondas secundarias do principio de Huygens se propagan en todas as direccións, pero cunha amplitude que depende do ángulo entre a dirección de propagación da resultante e a dirección considerada.
-
PERSOEIRO
Impresor. Aprendeu o seu oficio en Madrid, na imprenta do seu tío Marín. En 1735 fíxose cargo da imprenta da Universitat de Cervera, axudado polo seu irmán Joaquín. O primeiro libro impreso foi Heroica vida de D. Francisco de Queralt (1736), de M. Conill, e en breve tempo destacou pola altísima calidade dos seus traballos, o que o levaron a ser unha referencia na Península Ibérica. Ao falecer, a súa viúva María Antonia Cous Benedicto seguiu o negocio familiar e asinou os seus traballos como María Antonia Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Formado no seminario de Mondoñedo, licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e conseguiu en 1949 a cátedra de Latín de ensino medio. Posteriormente, desempeñaría esa mesma cátedra en Pontevedra e Santiago de Compostela. Investigador e crítico, realizou numerosas traducións de clásicos grecolatinos, como o Carmen saeculare de Horacio, e colaborou en diversas publicacións periódicas. Un dos seus proxectos non rematados foi a realización dun gran dicionario da lingua galega, o que o levou á recollida de miles de voces para o Instituto Padre Sarmiento. Influenciado por Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Antero Quental e, sobre todo, polo saudosismo de Teixeira de Pascoaes, a súa obra poética está condicionada por unha perspectiva paisaxista de inspiración clásica, que a posteriori se coñecería como neovirxilianismo. Autor de difícil adscrición, a cabalo entre a Xeración do 25 e a do 36, pode situarse a carón doutros grandes creadores da literatura galega como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra que en vasco quere dicir ‘bandeira’, pero que pasou a designar unicamente a bandeira vasca, que consiste nunha aspa verde cunha cruz branca, sobre fondo vermello. Dese-ñárona os irmáns Arana Goiri en 1894. Confirmada en 1931 pola Sociedade de Estudios Vascos, o primeiro goberno autónomo vasco declarouna oficial en 1936 e utilizárona as súas milicias na Guerra Civil Española. Volveu ser empregada de forma oficial desde 1977.