heparina

heparina
Nome científico: [ácido heparínico]
s f [QUÍM]

Mucopolisacárido natural presente en todos os vertebrados; nos mamíferos atópase, en maiores cantidades, no fígado, pulmón e intestino. Non existe heparina circulante en condicións normais. Formada por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glicosamina e ácido D-glucurónico, cun alto peso molecular e con forte carga negativa. Atribuénselle efectos de anticoagulante-antitrombina e antitrombótica. Actúa como cofactor da antitrombina III plasmática, anticoagulante natural con capacidade de neutralizar algúns dos factores activados da coagulación. Por manipulación química ou enzimática conséguese a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, con baixa ou nula actividade antitrombina pero que conserva toda a actividade antitrombótica por ser inhibidora sobre o Factor X activado. A heparina fraccionada é moi utilizada en medicina, xa que a actividade antitrombótica se exerce máis precozmente e se reducen as complicacións de sangrado, características da heparina non fraccionada. Foi descuberta en 1916 por J. McLean.

Palabras veciñas

Henry, William | heortoloxía | heortónimo | heparina | hepat(o)- | hepatalxia | hepatarxia