"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Militar. Desde 1920 a súa carreira militar desenvolveuse na Coruña. En 1936, sendo comandante, coordinou as tropas sublevadas en Galicia e, en 1937, ascendeu a xeneral de brigada. Realizou traballos de topografía, óptica e astronomía.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Participou na preparación do movemento militar da Vicalvarada (1854), que deu inicio ao Bienio Progresista. Redactou o Manifiesto de Manzanares (1854), declaración programática da futura Unión Liberal, partido polo que foi elixido deputado a Cortes e, máis tarde, designado director xeral da administración local e subsecretario de gobernación con O’Donnell (1858). Foi ministro da Gobernación no goberno de Mon (1864) e de Ultramar no último ministerio O’Donnell (1865). Non participou na Revolución de 1868 nin apoiou a causa de Isabel II. Deputado ás Cortes de 1869, defendeu posicións conservadoras. En 1873 designárono xefe do partido afonsino e dirixiu a campaña para a restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII. Nomeado xefe de goberno (1875), desenvolveu o sistema político da Restauración que ideara, baseado na unión de monarquía e Cortes a través dun texto constitucional (1876) que permitiu a división de poderes. Pactou con Sagasta a alternancia no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor establecido na cidade da Coruña arredor do 1860. Publicou o Boletín Judicial de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Vallès Oriental, Barcelona, regado polo río Congost (13.287 h [1996]). A súa economía é fundamentalmente agrícola, sobre todo de secaño, con predominio de cereais, legumes, patacas e forraxe. Na gandería sobresae a cría de gando bovino, porcino e a avicultura. Na industria destaca o sector téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado no concello do Porriño.
-
-
de cansar.
-
Que produce cansazo.
-
-
-
Reducir considerablemente a forza dunha persoa ou dun animal, a causa dun esforzo, dun traballo ou doutra actividade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará. Non hai cousa que máis canse có traballo; mais tamén adoita cansar o moito ”.
-
Causar desagrado unha cousa ou alguén que se repite moito ou carece de interese.
-
-
Esgotar ou esgotarse a fertilidade da terra.
-
Deixar de botar auga un manancial.
-
-
Sentir unha diminución da forza debido a algún tipo de actividade.
-
Experimentar desagrado por algo ou alguén que é repetitivo ou que carece de interese.
-
-
-
Diminución do vigor físico ou da capacidade mental a consecuencia dalgunha actividade.
-
Sensación de molestia provocada por algunha cousa ou persoa persistente, repetitiva ou sen de interese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria da localidade leonesa de Canseco, no municipio de Cármenes. Moi espallada por toda Galicia, leva como armas escudo medio partido cortado: primeira partición, en campo de azul, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante ao natural; terceira partición, en campo de prata, con cinco faixas ondeadas de azul; e bordo de goles con oito aspas de ouro.
-
-
Diminución da forza física ou mental causada por algunha actividade.
-
Molestia ou desagrado que causa algo ou alguén repetitivo, persistente ou falto de interese.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e crítico literario. Entre as súas novelas destacan El pobre Baby (1915), El eterno milagro (1918) e La huelga de los poetas (1921). Como crítico publicou La nueva literatura (1917-1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da literatura trobadoresca provenzal desenvolvida nos séculos XII e XIII e inscrita no código do amor cortés. Nestas composicións o trobador dirixíase á súa dama cunha total submisión, establecéndose entrambos os dous unha relación vasalática coma se dun señor feudal se tratase. A dama era un ser inaccesible e case que perfecto na orde moral e física. Son catro os graos que marcan a relación entre o trobador e a dama amada: primeiro, o amante actúa como un simple suspirante (fenhedor) que degoxa ser correspondido pola namorada (midons/domna); segundo, maniféstalle o seu amor e pídelle que lle corresponda (precador); terceiro, a dona acepta a vasalaxe amorosa (entendedor); e cuarto, acada o estado de amante correspondido (drut). O poema adoitaba comezar cun exordio primaveral ou canto á primavera como estación propicia para o amor. Formalmente, caracterízase por presentar un conxunto de cinco, seis ou sete cobras, nas que o trobador expón...
-
-
de cansar.
-
Que causa cansazo.
-
-
SEMANARIOS
Semanario que apareceu o 4 de outubro de 1894 na cidade de Vigo, subtitulado “Defensor de los intereses de Vigo”. O fundador e director foi Adolfo Lahorra. A súa finalidade era poñer de manifesto o acontecido entre os accionistas e o director Adolfo Lahorra na súa anterior etapa en La República. A publicación saíu da imprenta de A. Varela e cesou ao pouco tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico católico que xurdiu en Ferrol no ano 1901.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Corcubión a finais do 1905. Subtitulada “Revista literaria é independiente defensora de los intereses generales”, estaba dirixida por Ramón Plasencia Ruibal e contaba con diversos colaboradores en Muxía, Vimianzo e Camariñas. De forte contido político, abriu a súa “novena claridad” cun artigo dedicado ao xefe do partido liberal e presidente do goberno, Segismundo Moret. Contiña artigos contra a ditadura, loanzas a Concepción Arenal e un resumo da vida parlamentaria, ademais dunha sección de cartas abertas, dirixidas ao alcalde de Corcubión, ao director desta publicación e cartas como resposta a artigos do propio xornal ou de La Voz de Galicia. No seu noveno número, do 10 de decembro de 1905, aparece un artigo en galego titulado “A festa das Neves”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte cantada dunha composición na que se resalta a melodía, oposta ao recitado. OBS: Aínda que a palabra carece de acento gráfico por tratarse dun estranxeirismo, debe ter unha pronuncia esdrúxula.
-
-
Que pode ser cantado.
-
-
Parte do libreto dunha zarzuela composta para ser cantada.
-
Nunha zarzuela escena na que se canta, en oposición ás partes nas que os protagonistas só falan.
-
-