Canta-Claro, El

Canta-Claro, El

Semanario que apareceu o 4 de outubro de 1894 na cidade de Vigo, subtitulado “Defensor de los intereses de Vigo”. O fundador e director foi Adolfo Lahorra. A súa finalidade era poñer de manifesto o acontecido entre os accionistas e o director Adolfo Lahorra na súa anterior etapa en La República. A publicación saíu da imprenta de A. Varela e cesou ao pouco tempo.