"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Lugo.
-
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou en Madrid e participou na ideoloxía da Xeración do 98. Estivo exiliado desde 1937 ata 1952. A súa obra, influenciada por I. Meštrović e A. Bourdelle, tendeu á monumentalidade e á estilización. Realizou obras relixiosas (Cristo de Otero en Palencia), monumentos (Fuente de Concha Espina en Santander e os de Tomás Morales, Ramón y Cajal ou Pérez Galdós en Madrid) e retratos (Miguel de Unamuno en Salamanca).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten aspecto pálido e delgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ordenador creado en 1984 por Steve Jobs na súa empresa Apple Corporation, que vai do Mac 128K (1984) ao Power Mac G5 (2003), e que ten como característica principal o seu sistema operativo MAC OS. Foi o primeiro que usou as ventás no mundo da informática e a interface gráfica de usuario, deseñada nos laboratorios de Xerox PARC.
-
PERSOEIRO
Novelista e xornalista británico. Comezou a escribir a peza de teatro The Gentleman in Grey (1907), pero inclinouse pola novela, como The Passionate Elopement (1911), Carnival (1912), Extremes meet (1928) e Extraordinary women (1928), así como unha triloxía sobre as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador escocés. Foi director da Escola de Glasgow, e en 1923 instalouse en Londres, onde deseñou mobles e tecidos e pintou acuarelas. Xunto con Herbert Mac Nair e os irmáns Mac Donald, constituíu o grupo The Four. A súa obra intensificou a articulación interna dos espacios e amosou unha clara ordenación cubista asimétrica en que destacou os elementos construtivos. Realizou o edificio para o diario Glasgow Herald (1894), a Glasgow School of Art (1898-1909) e a casa de campo Hill House (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama lateral dunha planta que aparece moi separada doutras.
-
-
Receptáculo esporífero de tamaño relativamente grande.
-
Porción arrendondada do plasmodio dos mixomicetos, que se atopa protexida por unha membrana pluriestratificada. A súa finalidade é resistir condicións adversas, en especial a falta de humidade.
-
Célula grosa que se atopa no extremo das ramas eréctiles do micelio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito que presenta un diámetro superior ao normal, comprendido entre 8 e 11 . Preséntase, sobre todo, nalgunhas anemias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia no sangue de numerosos eritrocitos (macrocitos), cun volume moi superior ao normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de forma vital dos fanerófitos que presenta os gromos persistentes situados a máis de 2 m de altura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos vexetais visibles a simple vista.
-
-
Técnica para a obtención de imaxes fotográficas dunhas dimensións moi superiores ás do orixinal mediante un obxectivo corrente. Xeralmente colócase unha barra de extensión entre a cámara e o obxectivo, pero tamén se pode utilizar unha cámara grande cun obxectivo de foco moi curto.
-
Imaxe fotográfica obtida por medio da macrofotografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gameto, xeralmente feminino, inmóbil e de gran tamaño (debido ao seu alto contido en reservas nutritivas) que aparece nos casos de heterogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Granito que presenta unha estrutura granular grosa, de gran superior aos 5 mm de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo que presenta un aparato esporífero visible a simple vista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
macrocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organismos planctónicos que teñen entre 20 e 200 mm de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alongamento esaxerado da fenda bucal, que se asocia case sempre a malformacións das orellas e que se orixina por un fallo na fusión dos procesos maxilar e lateronasal do primeiro arco branquial.