macrofotografía

macrofotografía

(< macro- + fotografía)

  1. s f [IMAX]

    Técnica para a obtención de imaxes fotográficas dunhas dimensións moi superiores ás do orixinal mediante un obxectivo corrente. Xeralmente colócase unha barra de extensión entre a cámara e o obxectivo, pero tamén se pode utilizar unha cámara grande cun obxectivo de foco moi curto.

  2. s f [IMAX]

    Imaxe fotográfica obtida por medio da macrofotografía.