"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Aplícase aos vexetais polinizados principalmente por coleópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente de metal ou barro, de boca e fondo estreitos, empregado para o transporte de líquidos.

      2. aso grego en forma de copa montada sobre un pé alto, con dúas asas longas que sobresaen nos lados. Foi imitado polos etruscos e romanos, e reproducido con frecuencia en metal.

    1. Medida para líquidos que equivale a dezaseis litros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cantaruxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar entre dentes e moi baixiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición lírica en diversas partes, sen acción dramática propiamente dita, escrita para unha ou máis voces, con acompañamento de baixo continuo, alternando con recitativos e coros. Apareceu, como a ópera e o oratorio, a comezos do s XVII, cando se impuxo a monodia acompañada. A súa orixe común foi a adopción, cara ao 1600, do novo estilo denominado rappresentativo, conxuntamente co baixo continuo. Non obstante , a cantata distínguese dos outros xéneros polo seu destino (peza de concerto ou de igrexa, nunca de teatro) e polo seu carácter lírico. Os florentinos Caccini (Nuove musiche, 1602) e Peri (Varie musiche, 1609) foron os primeiros en cultivala. Nun primeiro momento consistiu nunha curta escena fragmentada cun só personaxe (Combattimento di Tancredi e Clorinda, de Monteverdi, 1624). Non atopou a súa forma definitiva ata mediados do s XVII con Luigi Rossi e Giacomo Carissimi: a orquestra ampliouse, aumentou o número de personaxes e apareceron os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que ten como profisión o canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantante que compón el mesmo as cancións do seu repertorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exclamación que expresa aprobación irónica ou, con maior frecuencia, un desexo inalcanzable (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cantear.

    2. Cada un dos madeiros que se colocan desde o cabalete ata a viga que vai enriba da parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Labrar os cantos dunha peza, especialmente na madeira ou na pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar do que se extrae pedra.

    2. Lugar no que xorden ou se forman individuos preparados para unha actividade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da illa de Ons, na parroquia da Illa de Ons, no concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Referido ao dente longo e forte dos mamíferos con dentadura heterodonta colocado entre o máis lateral dos incisivos e o primeiro dos molares.

    2. Referido a cada un dos dentes máis prolongados que presentan certos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que ten o oficio de traballar a pedra. A súa arte remóntase á Prehistoria, ao megalitismo e, posteriormente, aos petroglifos. Co tempo, diversos movementos artísticos deixaron a súa pegada tanto nos pazos como na arquitectura popular, tal e como queda reflectido nos cruceiros, nos petos de ánimas, nas fontes e nunha ampla variedade de esculturas. Na Idade Media, os gremios dos canteiros desenvolveron o seu oficio nos mosteiros, catedrais, santuarios, torres, castelos, pontes e na restauración de monumentos. Os instrumentos que empregan son as macetas, os escoupros, as limas, os burís e todo tipo de ciceis e punteiros ben afiados. A evolución das técnicas empregadas deu un paso importante cando xurdiu o pantógrafo, que permitiu a copia exacta de martelos ou serras eléctricas para simplificar e acurtar o traballo. A tradición popular remite á provincia de Pontevedra, concretamente ao concello de Cotobade, terra de canteiros ou arxinas, que tiñan unha xerga propia denominada latín...

      2. Persoa que traballa sacando pedra dunha canteira.

      1. Pedra ou conxunto de pedras que serven de chanzo para subir ao hórreo.

      2. Pedra que se emprega para asentar as cubas nunha adega.

      3. Pedra que constitúe o limiar da casa.

    1. Anaco de pan de millo ou doutro cereal que se corta polo canto.

    2. Anaco de terra dunha herdade separado doutro anaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘canteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Unidade de relevo que se estende entre as parroquias de Vilela, no concello de Rodeiro, e Bouzoa, no concello de Taboada. Culmina no monte Cantelle, de 896 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO