1 canteiro

1 canteiro

(< 3 canto)

  1. adx e s m

    Referido ao dente longo e forte dos mamíferos con dentadura heterodonta colocado entre o máis lateral dos incisivos e o primeiro dos molares.

    Ex: Fáltanlle varios dentes dianteiros, pero conserva os canteiros.

    Sinónimos: queiro.
  2. adx e s m

    Referido a cada un dos dentes máis prolongados que presentan certos animais.

    Ex: Os elefantes teñen canteiros onda a trompa.

    Sinónimos: queiro.

Frases feitas

  • Estar de canteiros. Emprégase cando lle están saíndo os dentes a un neno.

Palabras veciñas

canteira | Canteira | canteiriña | 1 canteiro | 2 canteiro -ra | canteirurro | Cantelle, serra de