"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Político canadense. Opúxose á repartición de terras indias entre os emigrantes europeos e conseguiu a admisión de Manitoba como provincia con garantías para os indios e os católicos (1870). Dirixiu unha revolta india (1884-1885) no occidente de Canadá, pero foi vencido e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro industrial. Ingresou en Citröen-Hispania en 1969 e ocupou diversos cargos nas factorías de Vigo e París ata que en 1998 foi nomeado director xeral do Centro de Vigo de PSA Peugeot-Citröen. Recibiu a Medalla Castelao (2001) e o título de oficial da Orde Nacional do Mérito da República Francesa (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e xurista. Profesor nas universidades de Buffalo (1937-1941), Chicago (1946-1958) e Harvard (1958-1981), analizou o alleamento dos individuos nas grandes ciudades. Das súas obras destacan The Lonely Crowd (1950), Faces in the Crowd (1952) e Academic values and mass education (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dignidade ou cargo de ringrave.
-
Territorio rexido por un ringrave.
-
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Foi autor dos libretos das óperas Dafne (1594), Euridice (1600), Arianna (1608) e Il ballo delle Ingrate (1608). En 1622 apareceu o seu volume póstumo de Poesie.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Investigador de artes plásticas, centrouse no obxecto e na instalación. Realizou artefactos de alabastro en función do xogo visual e que se presentan como obxectos-ofrenda que estatizan a súa presenza coma un rito. Mesturou materiais como ferro, alabastro e materias orgánicas. Das súas obras destacan El artificio de la escultura, Máquina compleja para un turista del Norte (1991) e Siete mundos (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e concertista. Coñecido como El Pianista de la Troya, obtivo o premio extraordinario fin de carreira José Tragó. Foi alumno de W. Kerchbaumer e W Kerchbaumer en Viena, e H. Kraxton en Londres. Ingresou na Meister-Klasse do Conservatorio Nacional de Saarbrucken, onde tivo como profesor a W. Gieseking. Profesor no Conservatorio Superior de Madrid, ofreceu concertos en diversos países de Europa, América e Asia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Oficial de milicias, uniuse aos independentistas (1810) e ocupou os secretariados de Gobernación, Facenda e Guerra (1811). Progresista e liberal, foi elixido primeiro presidente da República en 1826 e estableceu unha constitución unitaria, pero unha revolta federal obrigouno a dimitir (1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e tradutor. Formado en filosofía e letras, colaborou en diversas publicacións, como as revistas Nordés e A Trabe de Ouro. A súa obra poética caracterízase por unha gran riqueza léxica e preocupación formal, e por unha voz poética reflexiva e nostálxica ao mesmo tempo. O seu primeiro libro de poemas foi Fentos no mar (1981), inspirado nos máis destacados poetas portugueses. Posteriormente publicou Lembranza do areal (1985), en que evoca algunhas lembranzas de tempos pasados. No seu libro recompilatorio Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987) incluíu, ademais dos libros de poemas xa publicados, outros dous titulados Celestes faiados, escrito en 1985 e daquela inédito, e A gándara da noite (1987, Premio da Crítica española). Neste último, onde aparecen trazos da súa infancia en forma de percorrido vital, expresa a fugacidade do tempo e a irremediable chegada da morte. Continuou a súa produción con Visitantes (1991,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Inicialmente formou parte do colectivo dos Novísimos e, co tempo, integrouse en Cravo Fondo, tal e como amosan os seus traballos, dotados ao principio dunha estética socialrealista que evolucionou cara a un mundo poético de ton épico e versos longos. Da súa obra destacan os libros de poemas Pranto irmán (1973), Apalpando o esilio da Raza (1974), Verbas violentas na dor de concencia (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975), que pertencen á súa primeira época. Con Antífona da redención (1977) e Herdo e alucinación en Fisterra (1981) inaugurou unha segunda etapa. A publicación de Os laberintos da xerfa (1985, Premio Celso Emilio Ferreiro 1984) supuxo un novo camiño na súa poesía, que confirmou en Os aposentos silenciados (1987, Premio Esquío 1986), Celebración do gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Premio Nacional de Poesía), Alba no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1990)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Dirección de Empresas pola Escola de Negocios de Caixanova, foi correspondente da RAG e da TVG en Vigo. Colaborador en distintos medios impresos, foi redactor xefe de Ondas Galicia Radio (1985-1987), editor e presentador de Deportes Fin de semana e xefe de deportes da TVG (1993-1996). Foi director do Centro Territorial en Galicia de Televisión Española (1998-2004) e posteriormente xerente do Padroado de Turismo Rías Baixas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ucraíno. A súa obra poética é lírica e carece de connotacións ideolóxicas. Destacan os contos Mĕ-qài ṣ lĕ-qài ṣ (De verán en verán, 1964), Wě-lo ba yom a ḥ er (E o novo día non chegou, 1969), ‘Ir še-zĕmanah qàis (Unha cidade que ten tempo de verán, 1976) e Ṭ o ḥ en avanim (Muiñeiro de pedras, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. En 1899 uniuse ao grupo dos nabís. Recibiu a influencia de P. Sérusier e Cézanne. Pintou sempre paisaxes cheas de escenas mitolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi presidente da UGT (1977) e do PSOE (1976 e 1979), senador electo (1977-1999) e primeiro lehendakari do preautonómico Consejo General Vasco (1978-1979). A súa loita polos dereitos dos traballadores foi recoñecida polos seus rivais políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Cofundador do colectivo Polaqia, os seus traballos aparecen nos álbums Mmmh!! (2001) e H2Oil (2003), e nas revistas Golfiño, Tos, Dos veces breve, Barsowia e BD Banda. No campo da animación, traballou con Dygra Films no filme O soño dunha noite de san Xoán (2005), e dirixiu, xunto con Juan Carlos Pena, O espírito do bosque. Realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, Madrid e Barcelona. Obtivo o primeiro premio nas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (2000 e 2002), no Certame de Cómic de Arteixo (2003 e 2004) e o I Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Nomeado por Teodosio magister officiorum e cónsul (392), sucedeu a Taciano como prefecto do pretorio. Coa morte de Teodosio (395), obtivo de Honorio a expulsión das tropas de Flavio Estilicón, que ocupaban Mesia e Tracia, e deixoulles o continxente oriental do exército aos capitáns godos Gaina e Timasio, pero foi asasinado por un soldado por orde de Gaina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estatístico. Iniciou en España o método histórico da demografía e creou un laboratorio de demografía retrospectiva no seo do Instituto Balmes. Publicou La población de Galicia según los documentos estadísticos y descripticos de cada época (1948) e Análisis estadístico de los municipios minúsculos de España: municipios de población inferior a 1001 habitantes, su localización, su estrutura, sus actividades (1950).
VER O DETALLE DO TERMO