Rodríguez Barrio, Xavier

Rodríguez Barrio, Xavier

Poeta. Inicialmente formou parte do colectivo dos Novísimos e, co tempo, integrouse en Cravo Fondo, tal e como amosan os seus traballos, dotados ao principio dunha estética socialrealista que evolucionou cara a un mundo poético de ton épico e versos longos. Da súa obra destacan os libros de poemas Pranto irmán (1973), Apalpando o esilio da Raza (1974), Verbas violentas na dor de concencia (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975), que pertencen á súa primeira época. Con Antífona da redención (1977) e Herdo e alucinación en Fisterra (1981) inaugurou unha segunda etapa. A publicación de Os laberintos da xerfa (1985, Premio Celso Emilio Ferreiro 1984) supuxo un novo camiño na súa poesía, que confirmou en Os aposentos silenciados (1987, Premio Esquío 1986), Celebración do gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Premio Nacional de Poesía), Alba no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1990) e Antiga claridade (1992, Premio Martín Códax e Premio de la Crítica Española). En narrativa escribiu Chegaron as chuvias (1978, Premio Pedrón de Ouro de Relatos) e os ensaios Xohán Vicente Viqueira (1975) e Trobar (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo