"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Botánico suízo instalado en Francia. Realizou diversas viaxes para recoller mostras de herbas na Península Ibérica, especialmente ao sueste e Serra Nevada, á costa norte e á cordilleira cantábrica. A súa obra capital é a Flora Orientalis (Flora de Oriente, 1867-1888), froito das súas viaxes por Grecia e o Oriente Próximo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta occitano. Na súa recompilación Li gabian (1891) expresa unha señardade tinguida de exotismo oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou en Portugal, onde contribuíu ao nacemento e á evolución do estilo gótico manuelino. Entre as súas obras destaca a igrexa de Xesús de Setúbal (dende 1492), o mosteiro dos Xerónimos de Belem (1500-1556) e as capelas imperfeitas do mosteiro de Batalha (1509-1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Local, por regra xeral non demasiado grande, onde teñen lugar preferente as actuacións de cantantes, conxuntos e grupos musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
voitirón.
-
PERSOEIRO
Libretista, compositor e crítico musical. Estudiou composición e estética no Conservatorio de Milán. No ano 1868 estreou a ópera Mefistofele, que foi un fracaso rotundo, despois dalgúns arranxos dita ópera triunfou en Boloña, Venecia e Milán (1881). Escribiu numerosos libretos para óperas, como La Gioconda de Ponchielli (1876), Otello (1887) e Falstaff (1893) de Verdi, con quen traballou ao longo de moito tempo. Durante os anos sesenta realizou críticas musicais e publicou o libro de poesías Libro dei versi (Libro dos versos, 1862-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador. Dedicado á intervención sobre o patrimonio arquitectónico dende unha óptica próxima ás formulacións de John Ruskin, elaborou unha teoría da intervención en edificios históricos baseada en formulacións teóricas posteriores. Da súa obra escrita cómpre subliñar L’Architettura del Medio Evo in Italia (A arquitectura do medievo en Italia, 1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e pintor. Estudiou Belas Artes na escola de Sant Carles de València (1961-1966). Alternou os seus estudios coa práctica do pop-art. Colaborou con Armengol e Heras (Trilogia monoteista, Falconeria). Durante os anos 1966 e 1967 derivou cara a un populismo de matiz moralizante. Entre 1974 e 1980, a súa obra redescubriu un certo barroco doméstico que incorpora obxectos ao lenzo ou simula cadros desconxuntados. Desta época salientan as obras Trama i ordit (Trama e urdidura, 1978) e Deu imatges de les Germanies (Dez imaxes das Xermanías, 1978). No campo da ilustración publicou numerosos libros infantís e xuvenís, revistas e diarios. No 1980 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas e no 1986 o Premio Nacional de Ilustración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Publicou dous tratados médicos, Hippocrates defendido (1711) e Hippocrates aclarado (1716), obxecto de controversias pola nova orientación que daba á cirurxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
CABOS
Cabo do Sáhara Occidental. No s XV, a época dos grandes descubrimentos xeográficos, foi considerado como o límite da expansión castelá en África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e publicista alemán residente en Leichlingen, preto de Colonia. Traballou fundamentalmente coa fotografía a cor. Publicou en Düsseldorf a obra Magie der Farbenphtographie (Maxia da fotografía a cor, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e comediógrafo noruegués. As súas novelas teñen un carácter psicolóxico. Publicou, entre outras, Troers magt (O poder da fe, 1903) e Fangen som sang (O preso que cantaba, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de seis ou sete actores ambulantes, habitual nos séculos XVI e XVII españois, que percorría os pobos representando pezas breves, autos, entremeses ou comedias. Axudábanse de axóuxeres e vinchas para a interpretación.
-
PERSOEIRO
Astrónomo norteamericano de orixe holandesa. Investigou a estrutura da Galaxia e os enxames e asociacións de estrelas. Ao estudar as nebulosas, descubriu os glóbulos de Bok. Dirixiu (1957-1966) o observatorio de Mount Stromlo, en Camberra (Australia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de nubes interestelares de gas e pó, de forma circular ou oval, e de diámetro angular aparente duns poucos segundos de arco, que destacan nun fondo luminoso de estrelas afastadas. Son condensacións de materia interestelar de elevada densidade. Observados no 1947 por Bart Jan Bok, semella que son estruturas que colapsan cara ao centro (colapso gravitacional).
-
PERSOEIRO
Filósofa. Realiza o seu labor nos EE UU, especializada no estudo dos segredos da sociedade, é dicir, do segredo profesional, das sociedades secretas e daqueles referidos á nenez.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bihar, India (350.540 h [1991]). Situada no val do Damodar (considerado o Rhur hindú), posúe abundantes recursos de hulla e unha activa industria siderúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político da República Centroafricana. No ano 1939 ingresou no exército colonial francés. Proclamada a República Centroafricana (1960), no 1965 destituíu a David Dacko e asumiu poderes ditatoriais. En 1976 converteu a República en Imperio Centroafricano, polo que se fixo coroar Emperador en 1977 co nome de Bokassa I. No ano 1979 foi derrocado e refuxiouse na Costa de Marfil. De regreso ao seu país, foi condenado a morte en 1980; encarcerado desde 1986, en 1992 foille conmutada a pena por traballos forzados de por vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Boké, Guinea, á beira do río Núñez (9.500 h [1965]). Ao NL hai unha das minas de bauxita máis importantes do mundo (45% de aluminio), explotada por compañías internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO