"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • Obra de Immanuel Kant publicada en 1781, corrixida polo mesmo autor na segunda edición de 1787. O seu obxectivo era determinar a natureza e os límites do coñecemento humano. As dúas primeiras partes, a Estética transcendental e a Analítica transcendental, son fundamentalmente positivas, mentres que a terceira, a Dialéctica transcendental, é radicalmente negativa, xa que o novo obxecto foi rehabilitado na segunda crítica (Kritik der praktischen Vernunft).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wilda, Poznań 1897 - Wetzlar 1985) Fotógrafa polaca. Estudiou fotografía en Múnic e en 1920 instalou o seu propio estudo en Berlín. Colaboradora de diversas revistas internacionais, traballou en París (1924) como fotógrafa de modas. Participou nalgunhas publicacións xunto a Delaunay, Man Ray e André Kertész. Ademais foi correspondente de guerra en Indochina (1946). Publicou Metal (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Oelsnitz, Saxonia 1933) Escritor alemán. Dos seus volumes de poemas máis destacados, cómpre salientar Widmungen (Dedicatorias, 1963), Sensible Wege (Camiños sensibles, 1969), Zimmerlautstärke (Cun volume moderado, 1972), Brief mit blauem Siegel (Carta con lacre azul, 1973) e Auf eigene Hoffnung (1991). En prosa é autor dunhas miniaturas sobre Alemaña Oriental e Checoslovaquia, e de contos para nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeodesista e naturalista. En 1753 dirixiu unha expedición científica a Perú para determinar a lonxitude dun arco de meridiano. Tamén fixo viaxes de estudo ao longo das costas africanas e asiáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador francés. De orixe burguesa, publicou primeiro unha adaptación de L’eunuque (1654) de Terencio, e poemas de circunstancias, de agradecemento a Fouquet, Aux nymphes de Vaux (1661) e Ode au roi (1663). Entre 1665 e 1674 publicou os seus Contes, inspirados en narradores italianos e franceses, e as primeiras escollas de fábulas: as seis primeiras apareceron en 1668 co título de Fables choisies mises en vers. Dez anos máis tarde seguiron os libros VII e VIII; en 1679, os IX, X e XI, e, finalmente, en 1693, o XII, onde tentou dar unha nova forma, que supera pola versificación as composicións dos autores antigos, como Isopo ou Fedro. Servíndose dos animais, esbozou unha moral discretamente epicureísta. As fábulas, nos últimos libros, manifestan un pensamento máis maduro, unha intransixencia máis forte ante os vicios da humanidade, un elevado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filatélico. Dedicouse á investigación da historia postal de Galicia e xuntou coleccións galardoadas en numerosas exposicións e campionatos internacionais. Membro fundador e bibliotecario da Federación Española de Sociedades Filatélicas, socio fundador, secretario e presidente do Grupo Filatélico de Vigo, foi presidente do Club Filatélico y Numismático El Castro. Escribiu Prefilatelia de Vigo 1716-1849: apuntes históricos postales (1995), Numismática y medallística de Vigo (1997?) e Carlos Gardel, entorno histórico y filatélico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Publicou, entre outras, as novelas B. comme Barrabás (1967), L’irrévolution (1971), La dentillière (Premio Goncourt 1974), Terre des ombres (1982) e Plûtot deux fois qu’une (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e teólogo. Foi un dos primeiros compañeiros de santo Ignacio de Loiola, co que fixo voto en Montmartre en 1534. Foi profesor en Roma e destacou a súa intransixencia sobre a doutrina da xustificación no Concilio de Trento. En 1558 sucedeu a santo Ignacio de Loiola como xeneral da Compañía de Xesús. Pío IV enviouno a Francia para participar no coloquio de Poissy (1561). En 1885 publicáronse as súas Disputationes tridentinae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Lalín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Lalín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista francés. Membro da pequena nobreza, tivo cargos diplomáticos en Italia, como se reflicte na súa obra Carnets du voyage en Italie (1908). Favorable á república autoritaria, en 1834 fundou Le Bien Public e redactou L’Histoire des Gerondins. Católico, cara a 1835 foi partidario dun deísmo humanitario. En 1820 publicou os poemas románticos das Méditations poetiques e logo as Nouvelles méditations (1823), Le dernier chant du pèlerinage de Childe Harold (1825), Le chant du sacre ou la veillée des armes (1825) e Recuillements poétiques (1839). Das súas viaxes por Oriente destacan as obras Voyage en Orient (1835) e Gethsémani ou la mort de Julia. Ministro de Asuntos Exteriores en 1848, escribiu o Manifeste aux puissances e posteriormente publicou Les confidences (1849), Raphaël (1849), Nouvelles confidences (1851), Histoire de la restauration (1851-1853),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, bacteriólogo e fisiólogo. Estudiou no Instituto de Patoloxía da Universidade de Viena, onde foi mestre, pasando despois ao Hospital da Haia e finalmente ao Instituto Rockefeller de Nova York. O seu descubrimento principal foi o dos grupos sanguíneos en 1902. Máis tarde, en 1940, descubriu, xunto con A. S. Wiener, o factor Rh, que pode evitar defectos xenéticos. Estes descubrimentos permitiron comprobar a compatibilidade sanguínea convertendo as transfusións de sangue en procesos seguros, e revolucionou a medicina forense polo carácter hereditario dos grupos sanguíneos permitindo demostrar de forma científica a imposibilidade da paternidade. Entre as súas obras destaca The spicificity of serological reactions (1936). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1930 polo descubrimento dos grupos sanguíneos e das reaccións producidas entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda e pouco intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Desenvolveu a teoría correcta da combustión, desterrou a vella idea do floxisto e fixo nacer a química moderna baixo o principio da conservación da materia. Perfeccionou os experimentos de Cavendish e de Priestley, obtendo o “aire inflamable” e o “aire vital”, que denominou hidróxeno e osíxeno, respectivamente. Sinalou que son os dous compoñentes da auga, que descompuxo e despois sintetizou no laboratorio en colaboración con Meusnier en 1785. Tamén demostrou que o aire atmosférico non é un corpo simple, senón unha mestura de osíxeno e nitróxeno, e interpretou correctamente a natureza composta dos ácidos sulfúrico, fosfórico e outros. Finalmente, aplicou os seus coñecementos químicos na fisioloxía, feito que permitiu esclarecer o mecanismo da respiración e da combustión interna dos seres vivos. Entre as súas obras destacan a obra colectiva Méthode de nomenclature chimique (1787), onde contribuíu decididamente a poñer as bases da nomenclatura química actual,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleoantropólogo, fillo de Louis e Mary Leakey. Dirixiu expedicións a diferentes lugares de Kenya, especialmente ao lago Turkana, e ao val do río Omo en Etiopia. En 1969 atopou un cranio completo do Paranthropus boisei, cunha antigüidade de 1,7 millóns de anos. Novas excavacións permitíronlle atopar en 1983 a mandíbula, dentes e fragmentos do cranio do Sivapithecus, posible predecesor do home e do mono, cuns 17 millóns de anos de antigüidade. Foi director do Museo de Ciencias Naturais de Kenya (1968-1989) e posteriormente dos Servicios de Fauna de Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Coñecido como Frédérick Lemaître, comezou a súa carreira nos teatros de variedades, onde participaba nos máis diversos espectáculos. Despois de tres anos no Odéon, onde representou papeis menores, en 1924 participou na posta en escena do melodarama L’Auberge des Adrets no Théâtre de l’ Ambigu. Coa chegada do drama romántico realizou diversos espectáculos nos teatros Odéon, Porte-Saint-Martín, Ambigu, Folies Dramatiques e Varietés, particularmente con obras de Victor Hugo e Dumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo de Corot, foi un dos predecesores do impresionismo. Pintou paisaxes das ribeiras do Sena, como Le port de Caen e Le Seine à Saint-Cloud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Formouse con Denman Ross en Harvard e traballou na Works Progress Administration (WPA) entre 1935-1937. Cultivou un expresionismo barroco e caricaturesco de crítica social en obras como Welcome Home (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO