"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de civismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou calidade de inconformista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que pretende acadar a independencia ou separación dun pobo, país ou nación do estado en que está incluído. As primeiras organizacións independentistas galegas creáronas colectivos galegos no exterior. En 1921 formouse en La Habana o Comité Revolucionario Arredista Galego (CRAG), primeira organización galega declaradamente independentista, liderada por Francisco Gómez. Posteriormente, en 1926, iniciouse en Bos Aires a edición do xornal independentista A Fouce, impulsado por un grupo integrado na Irmandade Nazonalista Galega. En 1930 creouse en Bos Aires a organización independentista Sociedade Nazonalista Pondal, disolta en 1938. Mentres, en Galicia constituíuse a Vangarda Nazonalista Galega (1933), primeira organización independentista do interior. Entre os movementos opositores ao franquismo desde o independentismo constituíuse, en novembro de 1963, a Unión do Pobo Galego (UPG), onde confluíron o galeguismo e o marxismo-leninismo. A UPG estableceu contactos con forzas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que afirma que nada se produce necesariamente ou que, polo menos, algúns feitos escapan a esta necesidade. No plano psicolóxico e moral tradúcese na defensa do libre albedrío ou na afirmación de que as opcións volitivas non son soamente unha necesidade causal.
-
-
Estudio das linguas e literatura de India.
-
Palabra ou expresión hindú utilizada noutra lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude que demostra indiferenza e escepticismo, especialmente en cuestións políticas e relixiosas.
-
-
Tendencia e actitude que consiste en pensar e actuar con independencia dos demais sen asumir as propias obrigas sociais ou de solidariedade.
-
Doutrina ou teoría segundo a que o individuo é o patrón básico da realidade e o fundamento de todo valor ou norma. Promulgada polo filósofo T. Hobbes e polo economista A. Smith, defende a consecución da liberdade e a felicidade individuais por enriba das interferencias ou restricións que poida impoñer o poder estatal ou social.
-
-
-
Tendencia política e cultural que revaloriza a cultura autóctona dos pobos indíxenas de América Latina.
-
oz ou modismo que se incorpora á lingua dun pobo invasor ou colonizador e que provén da lingua indíxena, xeralmente non indoeuropea, do lugar ocupado.
-
Corrente literaria hispanoamericana, caracterizada pola utilización da problemática das comunidades indias como temática fundamental da súa produción. Como reacción á novela romántica do s XIX, os indixenistas presentan uns retratos realistas dos indios, marxinados nunha sociedade clasista. Entre os autores máis destacados, sobresaen A. Arguedas, C. Alegría, J. Icaza e J. M. Arguedas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a historia e a lingua dos indoeuropeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a conceder excesiva importancia aos intereses industriais.
-
-
Calidade de infantil.
-
Persistencia no adulto dos caracteres mofolóxicos do infante como talle pequeno, atrofia dos órganos xenitais, ausencia de caracteres sexuais secundarios e ás veces psiquismo infantil. Xeralmente débese ao hipotiroidismo e ao disfuncionalismo da hipófise (infantilismo hipofisario).
-
Actitude propia dun neno que se mantén nunha idade posterior.
-
-
-
Falta de formalismo.
-
Tendencia artística, desenvolvida despois da Segunda Guerra Mundial, que se basea no valor expresivo da materia pitórica, quedando nun segundo plano a temática da obra. Agrupa correntes afíns como a art autre, o tachismo, a action painting e a pintura da materia ou matérica. Está representada por J. Fautrier, J. Pollock, F. Kline, W. S. Wols, M. Tobey, J. P. Riopelle, G. Schneider, W. de Kooning, M. E. Vieira da Silva, P. Soulages, A. Burri e outros. En España o seu desenvolvemento coincidiu cos anos do aperturismo político e o fin do illamento internacional do réxime franquista. Foi cultivado por Antoni Tàpies e outros membros de Dau al Set, Manuel Millares e os integrantes de El Paso, Eduardo Chillida, Martín Chirino, Lucio Muñoz, Gustavo Torner e outros.
-
-
-
Sistema filosófico baseado na noción de inmanencia.
-
Tendencia típica do modernismo de considerar a Deus como inmanente ao home, negando o seu carácter sobrenatural
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico que nega a existencia do materialismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a manter sen cambios unha situación política, social, económica ou relixiosa, propia das clases dominantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema ou actitude filosófica que se opón a unha determinada moral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crenza na inmortalidade da alma.
-
-
Calidade de innato.
-
Sistema filosófico que afirma que hai unha serie de ideas, principios e nocións universais que son innatas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ismet Paxá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade de influír na capacidade contráctil das fibras musculares, sobre todo das cardíacas. Cando se favorece a contractilidade fálase de inotropismo positivo, e cando se debilita, de inotropismo negativo.