indixenismo

indixenismo

(< indíxena + -ismo)

  1. s m [ANTROP/POLÍT]

    Tendencia política e cultural que revaloriza a cultura autóctona dos pobos indíxenas de América Latina.

  2. s m [LING]

    oz ou modismo que se incorpora á lingua dun pobo invasor ou colonizador e que provén da lingua indíxena, xeralmente non indoeuropea, do lugar ocupado.

  3. s m [LIT]

    Corrente literaria hispanoamericana, caracterizada pola utilización da problemática das comunidades indias como temática fundamental da súa produción. Como reacción á novela romántica do s XIX, os indixenistas presentan uns retratos realistas dos indios, marxinados nunha sociedade clasista. Entre os autores máis destacados, sobresaen A. Arguedas, C. Alegría, J. Icaza e J. M. Arguedas.

Palabras veciñas

indiviso -sa | indíxena | indixencia | indixenismo | indixenista | indixente | indixerible