indixenismo
indixenismo
(< indíxena + -ismo)
-
s
m
[ANTROP/POLÍT]
Tendencia política e cultural que revaloriza a cultura autóctona dos pobos indíxenas de América Latina.
-
s
m
[LING]
oz ou modismo que se incorpora á lingua dun pobo invasor ou colonizador e que provén da lingua indíxena, xeralmente non indoeuropea, do lugar ocupado.
-
s
m
[LIT]
Corrente literaria hispanoamericana, caracterizada pola utilización da problemática das comunidades indias como temática fundamental da súa produción. Como reacción á novela romántica do s XIX, os indixenistas presentan uns retratos realistas dos indios, marxinados nunha sociedade clasista. Entre os autores máis destacados, sobresaen A. Arguedas, C. Alegría, J. Icaza e J. M. Arguedas.