"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Escultor. Pertenceu á denominada xeración do Teatro Nacional, e participou na decoración deste teatro. Representou o realismo monumental e na fin da súa carreira interesouse pola modelaxe impresiva, conservando a realidade obxectiva. Da súa obra destacan o busto de Smetana, a estatua de bronce do cardeal Schwarzenberg, na catedral de san Vito (Praga), e a estatua ecuestre de san Venceslau, tamén en Praga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Estudou con G. B. Pescetti en Venecia e fixo unha carreira brillante por toda Italia con óperas como Il Bellerofonte (1767), Moctezuma (1771) e a oratoria Abramo ed Isacco (1776).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Influído polas correntes socialistas no seu país, publicou as novelas Budapest Nagykávéház (Gran Café Budapest, 1936), Három boltoskisasszony (Tres tendeiros, 1938) e A tanítvány (O discípulo, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Republicano. Axudou a Nicolás Salmerón en 1903 como xefe da Unión Republicana, organización en que tivo un papel importante. Relacionado con F. Ferrer i Guàrdia, encubriu a Mateu Morral i Roca despois do seu atentado contra os reis en 1906. Foi procesado e condenado en 1907 e en 1908 foi indultado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Xunta de Galicia (1990-1997), conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal e asesor xurídico do Banco de Crédito Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Traballou sobre todo a madeira, cunha serie de pezas feitas a base de formas arredondadas encaixadas entre elas, esculturas con formas humanas e composicións onde xogou cos efectos visuais que proporcionan as vetas da madeira. Da súa produción destaca a serie Pilotos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor checo. Cultivou o retrato, a pintura de xénero e a decoración mural. O seu estilo caracterizouse por evitar a anécdota e avanzar o realismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico, sinólogo e historiador inglés. Fundou a Sino-British Science Co-operation Office e escribiu importantes traballos sobre embrioloxía e xenética. En 1942 iniciou Science and Civilitation in China.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático, conde de Campo Alange. Grande de España, durante o reinado de Carlos IV foi secretario da Guerra, conselleiro de Estado e embaixador en Viena (1796-1798 e 1800-1802) e en Lisboa (1802-1806). Ao servizo de Xosé I foi ministro de Estado e embaixador en París (1811-1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Jack Nicholson, caracterizouse pola súa versátil interpretación de personaxes nada convencionais. Da súa filmografía destacan Easy Rider (1969), Chinatown (1974), One Flew Over the Cuckoo’s Nest (1975, Oscar ao mellor actor 1976), The Shining (1980), The Postman Always Rings Twice (1981), Terms of Endearment (1983, Oscar ao mellor actor secundario 1984), Prizzi’s Honor (1985), Wolf (1994), As Good as It Gets (1997, Oscar ao mellor actor 1998), About Schmidt (2002) e Something’s Gotta Give (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De nome José Álvarez Niebla, a súa obra expresionista evolucionou cara á abstracción. Empregou diversos formatos, como a pintura mural, o cartelismo, o gravado e a ilustración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor e fotógrafo francés. En 1807 descubriu o motor de lume, precursor do motor de explosión, e foi o promotor do velocípede (1818), entre outras invencións. Está considerado o pai da fotografía, xunto con Daguerre, Talbot e Bayard, xa que foi o primeiro en obter unha fotografía, “Point de vue de la fenetre” (1826), despois de múltiples experimentos cos que obtivo o negativo fotográfico (1816) e as primeiras imaxes a partir de placas sensibles e gravados en cobre sobre placas de vidro cubertas de asfalto (1822). En 1827 informou á Royal Society of Sciences sobre a heliografía e asociouse con Daguerre (1829), co que patentou a cámara escura, para mellorar esta técnica, que culminou no daguerrotipo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Catedrático de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesor científico da National Science Foundation da OTAN. Ten publicado numerosos artigos dos que destacan “Ecuaciones diferenciales difusas” (1997) e “Basic theory for nonresonance impulsive periodic problems of first order” (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con Carlos Luis de Ribera en Madrid, onde se estableceu. Como retratista oficial pintou a J. Prim e E. Castelar e tamén cultivou a pintura de historia da que destaca Los héroes de la Independencia española (1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi presidente da Academia Médico Cirúrxica de Vigo e coordinador nacional do Grupo Uro-oncolóxico da Asociación Española de Uroloxía. Escribiu Problemas técnicos de las reimplantaciones uretero-vesicales y complicaciones derivadas de esta nueva fisiología (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia (1984-1988) e director xeral de Educación Básica da Xunta de Galicia (1987-1990). Da súa produción destacan Loio, de Monasterio Frutuosiano a encomienda Santiaguista (1984), Lois Peña Novo: Irmán da Fala, agrarista, avogado, galeguista, republicano, a paixón política, historia dunha frustación (1995) e Abrindo as portas ao San Froilán 1999 (2000). Recibiu o Premio de Investigación Científica para profesores de ensinanzas medias (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, e realizou o doutoramento na de Barcelona, despois de completar os seus estudos en EE UU. Chegou ao grao de coronel dentro do corpo de sanidade do exército do aire. Ademais de colaborar con El Progreso de Lugo, é autor de varias publicacións, como Manual de conversación inglés-español (1963), a súa tese doutoral Evolución histórica de la medicina aeronáutica (1971) e Evolución histórica de la medicina naval (1989). Recibiu a Cruz del Mérito Naval de primeira clase con distintivo branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo portugués. Realizou estudos eclesiásicos e foi ordenado sacerdote. Desde 1889 exerceu como capelán militar e tivo como destino Lagos, Santarém e Beja. Paralelamente, comezou a desempeñar a súa carreira docente. En 1910 abandonou o sacerdocio e pasou a dedicarse definitivamente á docencia. Participou nas deliberacións da Comisión para a Reforma Ortográfica, da que foi secretario. En 1913 foi nomeado socio correspondente da Academia de Ciências de Lisboa e, ao ano seguinte, profesor extraordinario de filoloxía clásica da facultade de Letras de Lisboa -en 1929 ocupou o cargo de director-. Foi un dos impulsores da filoloxía portuguesa; destacan, sobre todo, as investigacións dialectolóxicas, os estudos de gramática histórica e as edicións de textos medievais. Da súa produción destacan Chrestomatia archaica (1906), Compêndio de gramática histórica portuguesa (1919), Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928), Evolução da língua portuguesa (1926), Digressões lexicológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico portugués. Exerceu o seu traballo en España, e dirixiu unha obra moi persoal e chea de ideas utópicas. Guionista de Sitiados en la ciudad (1957) e Vivir al sol (1975), dirixiu e elaborou o guión de Mañana (1957), Biotaxia (1968), Iconockaut (1976) e Secret, Amor (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).
VER O DETALLE DO TERMO